A Xunta incrementa os fondos destinados á internacionalización, mellora da comercialización e promoción dos produtos do mar un 80% ata os 20 millóns de euros no 2025
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- No 2024 estes fondos foron incrementados un 30% superando os 11 millóns de euros o que permitiu atender a expansión da actividade das feiras e a dinamización específica dos produtos de calidade diferenciada
- A Consellería do Mar asinou convenios con entidades referentes do sector por valor de preto de 736 mil euros para mellorar a estrutura comercial e organizativa dos produtos do mar de Galicia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2024
A Xunta de Galicia incrementa os fondos destinados á internacionalización, mellora da comercialización e promoción dos produtos do mar un 80% ata os 20 millóns de euros no 2025. Así o trasladou o director xeral de Pesca Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, na súa comparecencia na comisión 8 do Parlamento onde explicou os convenios asinados pola Consellería do Mar no 2024 con entidades referentes do sector para mellorar a capacidade para xerar valor engadido, emprego e facturación da cadea mar-industria na comunidade.
Antonio Basanta explicou que estes mesmos apoios xa tiveron un incremento no anterior exercicio nun 30% para reforzar a promoción do consumo superando os 11 millóns de euros o que permitiu atender a expansión da actividade das feiras e a dinamización específica dos produtos de calidade. Un traballo que foi complementado mediante con convenios de colaboración con outras entidades como a Fundación Nueva Pescanova, a Organización Interprofesional da Pesca en España (Interfish), Anfaco-Cecopesca, Conxemar ou co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).
O director xeral explicou que estes acordos, que constan de diversos fins, teñen en común a mellora da estrutura comercial e organizativa dos produtos do mar de Galicia e así incrementar a capacidade para xerar valor engadido, emprego e facturación da cadea mar-industria na nosa comunidade. Un traballo que dixo ten o seu impacto na evolución positiva das táboas Input-Output elaboradas pola Universidade de Santiago de Compostela.
Así, detallou que o acordo asinado con Clusaga permitiu a prospección de novos mercados para os produtos pesqueiros galegos mediante o programa Competemar, unha aceleradora de internacionalización coa finalidade de proporcionar un paquete completo de servizos para impulsar a implantación internacional e o desenvolvemento comercial ás empresas da cadea mar-industria. Ademais, tamén incluíu unha acción formativa para directivos coa finalidade de promover a remuda xeracional no conglomerado empresarial do sector pesqueiro galegos no que predominan as empresas familiares.
Respecto ao acordo asinado con Conxemar, destacou a promoción do XII Congreso Internacional Conxemar-FAO celebrado en Vigo, a promoción nacional e internacional da feira de produtos conxelados que se celebra na mesma cidade así como a promoción dos produtos transformados do mar. Por outra banda, respecto ao convenio con Interfish destacou a elaboración dun informe sobre a situación do mercurio en grandes migradores e do selenio no seu consumo, especies de especial interese para Galicia.
Por outra banda, resaltou a promoción das conservas galegas a través do acordo con Anfaco-Cecopesca que permitiu a realización da campaña 'Cata la lata' a través de gastronetas, ou a valorización do patrimonio conserveiro galego así como a promoción destes produtos no ámbito internacional, entre outros.
Foro da sostibilidade
O director xeral sinalou que o convenio coa Fundación Nueva Pescanova tiña como obxecto a celebración II Foro Galicia de Sostenibilidade dos Produtos do Mar que rematou hoxe en Vigo. Baixo o lema Unha visión asimétrica da sostenibilidade, converteu á comunidade en epicentro do diálogo global e do debate da sostibilidade no ámbito da actividade pesqueira, coa presenza de expertos internacionais que abordaron nos seus relatorios os principais retos que afronta o sector.