A Xunta e nove concellos da área de Lugo acordan prorrogar o Plan de Transporte Metropolitano ata 2028 cun investimento autonómico de máis de 247.600€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Goberno galego continuará financiando os descontos do 80% nos billetes interurbanos, ademais do 100% dos transbordos e as bonificación adicionais aos usuarios recorrentes e membros de familias numerosas con case 62.000 euros ao ano
  • Os nove concellos que desta área de transporte achegarán 200 euros anuais
  • A tarxeta TMG é o principal medio de pagamento, empregada no 75% das viaxes
  • A Tarxeta Xente Nova permitiu a financiación de máis de 407.900 viaxes gratuítas a menores de 21 anos desta área desde 2016 e a Tarifa +65 doutras 11.200 a maiores de 65 anos desde a súa implantación en xaneiro deste exercicio

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Lugo, 12 de novembro de 2024

A Xunta e nove concellos da área de Lugo acordaron esta tarde prorrogar o Plan de Transporte Metropolitano durante os catro vindeiros anos, o que suporá un investimento autonómico de máis de 247.600 euros no período 2025-2028. A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, presidiu esta tarde a Comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano da área lucense, na que se avaliou o funcionamento deste plan.

O obxectivo é darlle continuidade á colaboración do Goberno galego cos municipios que integran a área de transporte metropolitano de Lugo, isto é, Baleira, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei e Rábade.

 No marco deste convenio, a Xunta achegará anualmente case 62.000 euros para financiar os descontos do 80% que se aplican nos billetes interurbanos, ademais do 100% dos transbordos, que son gratuítos, e as bonificación adicionais aos usuarios recorrentes (15%) e membros de familias numerosas, de ata o 50%. Pola súa banda, os municipios que configuran esta área de transporte, realizarán unha achega duns 17.200 euros ao ano.

No encontro de hoxe tamén se fixo un balance da evolución da demanda nos últimos anos, cunha recuperación desde mediados de 2021 con incrementos de media de máis do 25%. O ano pasado contabilizáronse máis de 129.500 viaxeiros, case un 15% por riba do exercicio anterior. Os datos avaliados hoxe constatan a Tarxeta de Mobilidade de Galicia (TMG) como principal medio de pagamento, consolidándose a tendencia na súa utilización por riba do 75% das viaxes con máis de 96.500 pagos a través deste método en 2023.

Ademais, a veciñanza dos concellos desta área pode beneficiarse dos descontos desta tarxeta TMG, á que se suma a Tarxeta Xente Nova, coa que máis de 6.200 mozos e mozas de 21 anos da área viaxan de balde e a Tarifa +65, que desde a súa posta en marcha en xaneiro deste exercicio, conta con máis de 4.400 persoas usuarias maiores de 65 anos. 

Canto ás viaxes, a Tarxeta Xente Nova supuxo na área lucense máis de 407.975 viaxes desde a súa posta en marcha en 2016 ata setembro deste exercicio. No que respecta á Tarifa +65, desde xaneiro ata setembro deste 2024 computáronse nestes nove concellos lucenses a expedición de 1.990 tarxetas e máis de 11.200 viaxes. En ambos casos, sufráganse ata 60 viaxes mensuais gratuítas no transporte interurbano de Galicia e que financia directa e integramente a Xunta.

Por outra parte, a bonificación adicional do 50% que entrou en vigor en setembro de 2022 e supón un desconto directo adicional sobre o prezo a pagar coa TMG supuxo ata setembro deste ano a bonificación de máis de 209.300 viaxes por un importe total de máis de case 94.000 euros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/11/2024
612600 {"title":"A Xunta e nove concellos da área de Lugo acordan prorrogar o Plan de Transporte Metropolitano ata 2028 cun investimento autonómico de máis de 247.600€","published_date":"2024-11-12","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/132031-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"612600"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-12/612600-xunta-e-nove-concellos-da-area-lugo-acordan-prorrogar-plan-transporte-metropolitano-ata-2028-cun-investimento-autonomico-mais-247-600 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.