Arias participa na presentación da VIII Carreira Popular de Montaña do Club Fluvial
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Lugo, 12 de novembro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou esta mañá na presentación da oitava edición da Carreira Popular de Montaña organizada polo Club Fluvial de Lugo.
A proba celebrarase o vindeiro domingo 17 de novembro ás 11.00 horas nas inmediacións do club e contará con dúas modalidades: distancia larga (duns 15 quilómetros) e distancia curta (duns 10 quilómetros).
O delegado destacou o auxe desta carreira que "ademais de promocionar a práctica do atletismo na nosa cidade, pon en valor a nosa espectacular contorna natural". Ata o momento apuntáronse máis de 150 participantes e o prazo de inscrición segue aberto.