Villares sitúa á fundación Pescanova como entidade pioneira no desenvolvemento sostible da industria dos produtos do mar, a través da aposta pola I+D
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Destaca que este grupo empresarial cumpre un dos obxectivos prioritarios para o futuro do sector: a preservación dos recursos naturais, xerando valor económico e social
- Coa mesma finalidade, indica que a Xunta vén de aprobar a Estratexia de Economía Azul de Galicia, que dotará á comunidade nun referente internacional neste eido
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 11 de novembro do 2024
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, sitúa á Fundación Pescanova como entidade pioneira no desenvolvemento sostible da industria dos produtos do mar, a través da aposta pola I+D. Así o puxo en valor durante a inauguración do II Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar, que se desenvolve na cidade olívica ata mañá, e no que o responsable autonómico felicitou aos organizadores do encontro, xa que, segundo apuntou, cumpre un dos obxectivos prioritarios para o futuro do sector: a preservación dos recursos naturais, xerando valor económico e social.
Con esta mesma finalidade, destacou que a Xunta vén de aprobar a Estratexia de Economía Azul de Galicia, coa que a administración autonómica pretende converter á comunidade autónoma nun referente internacional en crecemento azul, dotando dun valor social, ambiental e económico ás rías e ao territorio costeiro, e desde un enfoque de protección, conservación e recuperación do medio mariño e da biodiversidade.
Trátase, tal e como sinalou Villares, de tecer redes e de fomentar a conectividade entre os actores clave, contribuíndo a que xurdan proxectos que potencien os desenvolvemento dos diferentes sectores, ademais da posta en valor da cultura mariñeira, o aproveitamento das enerxías renovables, a mobilidade e o transporte sostible, o emprego de calidade e toda a actividade económica que leva asociada o mar, como poden ser o turismo e o deporte.
Epicentro dos desafíos do sector
Baixo o lema "Unha visión asimétrica da sostibilidade", esta iniciativa da Fundación Nova Pescanova, que conta coa colaboración da Consellería do Mar, impulsa o diálogo sobre este asunto, cooperando con todas aquelas organizacións, institucións, asociacións e empresas lideres no sector que traballan en favor da sustentabilidade dos produtos do mar.
Durante dous días achega o debate ao escenario da actividade pesqueira, acuícola e de transformación da cadea mar-industria. Entre os ponentes destacan: a viceministra de Pesca e Recursos Mariños de Namibia, Silva Makgone; a representante da FAO, Nada Bougouss; a directora do Instituto Español de Oceanografía, Mari Carmen García; ou o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, Antonio Basanta.
Integración vertical
O Grupo Pescanova ten preto de 12.000 empregados e está presente en 16 países procedentes de catro continentes. Comercializa ao redor de 70 especies de pescados e mariscos en 80 estados.
Ten un carácter único no sector polo seu nivel de integración vertical. A frota está composta por máis de 60 buques conxeladores e fresqueiros, que faenan nos principais caladoiros do hemisferio sur. Con 60.000 toneladas ao ano, é un dos principais produtores mundiais de lagostino e, en acuicultura, dispón de 7.000 hectáreas dedicadas ao cultivo de diferentes especies.
Asemade, elabora produtos en 17 plantas de transformación repartidas por África, Asia, América e Europa, que integran avanzadas tecnoloxías, sendo os procesos de mellora continua, a calidade e a innovación aspectos clave no desenvolvemento da súa estratexia industrial. Leva máis de 60 anos achegando os produtos do mar, facendo da innovación, as frescura e a calidade os sinais de identidade da súa marca.