A Xunta e Coca-Cola reforzan a súa colaboración no desenvolvemento da economía circular e as boas prácticas na xestión dos residuos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Ángeles Vázquez agradece o compromiso da multinacional na adopción de medidas para protexer o medio ambiente pois é unha das máis de 150 entidades que forman parte da Alianza galega polo clima
- A empresa embotelladora foi pioneira en España na produción de botellas con tapóns adheridos, para facilitar a súa reciclaxe conxunta
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2024
A Xunta de Galicia e Coca-Cola Europacific Partners Iberia reforzan a súa colaboración no desenvolvemento dunha economía circular que aposte pola concienciación e sensibilización da cidadanía para contribuír de forma individual á implantación de boas prácticas na xestión dos residuos.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, mantivo recentemente unha reunión con representantes da empresa embotelladora para analizar o labor realizado nos últimos anos no seu compromiso coas prácticas responsables e o coidado do medio ambiente. De feito, a práctica totalidade dos envases de Coca-Cola son reciclables ou reutilizables mentres que os tipo PET están feitos de media cun 50% de materiais reciclados.
Nesta liña, a multinacional foi pioneira en España na produción de botellas con tapóns adheridos, que facilitan a súa reciclaxe conxunta, ao tempo que desenvolve outras accións para a xestión eficiente do recursos necesarios para a elaboración dos seus produtos, como a redución do uso de auga.
A responsable autonómica agradeceu aos responsables de Coca-Cola en España a súa aposta continua pola innovación e a adopción de medidas coas que protexer o medio ambiente. De feito, a empresa é unha das máis de 150 entidades adheridas á Alianza galega polo clima, que pretende responder aos desafíos derivados do quecemento global e protexer o capital natural de Galicia así como a saúde e o benestar dos cidadáns fronte aos cambios derivados dese fenómeno.
Neste sentido, Ángeles Vázquez lembrou que as entidades adheridas á alianza teñen á súa disposición unha oficina de apoio a través da páxina web da iniciativa e que, ao abeiro dela, se celebrarán unha serie de workshops, encontros, foros e eventos formativos para establecer espazos de intercambio de experiencias e boas prácticas, impulsar novas canles de comunicación e networking así como formar ao tecido produtivo en temas medioambientais do seu interese.