A Xunta destaca a innovación no eido da saúde urolóxica, acreditada nas máis de 2.300 cirurxías realizadas cos robots Da Vinci nos hospitais públicos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A área de Uroloxía acaparou máis do 44% das 5.216 operacións robotizadas que se realizaron no sistema sanitario público galego desde o ano 2021
- O conselleiro de Sanidade, pon en valor a pilotaxe do cribado do cancro de próstata que se está a desenvolver na área de Ferrol, incidindo na importancia que ten participar nos cribados poboacionais que desenvolve a Xunta
- Precisa que o cancro de próstata é o máis común entre a poboación masculina

Vigo, 8 de novembro de 2024
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, inaugurou esta tarde en Vigo as XXV Xornadas Cirúrxicas da Sociedade Galega de Uroloxía, onde destacou a innovación no ámbito da saúde urolóxica, acreditada nas máis de 2.300 cirurxías robotizadas que se realizaron nos hospitais públicos galegos desde o ano 2021.
Acompañado polo xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, o titular de Sanidade puxo en valor os importantes avances que se desenvolveron na comunidade na prevención, o tratamento e o seguimento do cancro de próstata.
Neste sentido remarcou o importante salto de calidade asistencial que supuxo a adquisición dos robots Da Vinci para as sete áreas sanitarias galegas pois, ata o pasado mes de agosto, do total das 5.216 intervencións realizadas con estes equipos, a área de uroloxía acaparou máis do 44% desta operacións.
A incorporación destes aparellos non foi só un avance tecnolóxico á hora de realizar e axilizar as intervencións, senón tamén unha mellora directa na atención dos pacientes, facendo as operacións menos invasivas e favorecendo a súa recuperación.
Gómez Caamaño puxo en valor a aposta da Xunta pola prevención sanitaria. Un ámbito no que Galicia se sitúa á vangarda no deseño e implementación de cribados poboacionais, como é o caso da pilotaxe do cribado de cancro de próstata que se está a desenvolver na área sanitaria de Ferrol.
Explicou que o cancro de próstata é o máis común entre a poboación masculina galega e incidiu na importancia de participar nos cribados poboacionais para detectar dunha forma precoz a posible aparición de células canceríxenas.
Durante as xornadas de hoxe e mañá, Vigo acolle a xuntanza de especialistas en Uroloxía, chegados de diferentes puntos do territorio nacional, co obxectivo de compartir experiencias e afondar nos últimos avances rexistrados neste eido da Sanidade.