Preto de 60 rapaces participan na Malata nunha xornada de actividades promovida polo Club Ferrol Atletismo no marco do Plan Corresponsables
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ferrol, 8 de novembro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta tarde nas pistas de atletismo da Malata, aos preto de 60 rapaces e rapazas participantes nunha xornada de animación sociodeportiva promovida polo Club Ferrol Atletismo e a Federación de Atletismo no marco do Plan Corresponsables da Secretaría Xeral para o Deporte.
Durante a visita, na que os menores realizaron probas como o salto de lonxitude, lanzamento de balón ou carreiras de relevos, a delegada territorial puxo en valor "o compromiso da Xunta coa mellora da calidade de vida a través da práctica deportiva e con propostas de conciliación que, neste caso, tamén permiten o equilibrio entre o tempo laboral, familiar e persoal".
O Plan Corresponsables da Xunta, que alcanza este ano a súa terceira edición, financia servizos de coidado profesional con actividades de animación sociodeportivas para nenas e nenos de ata 16 anos. A Federación Galega de Atletismo, que percibiu unha achega de 73.722 euros, é unha das beneficiarias da presente convocatoria que contou cun orzamento conxunto de 1,7 M€.