A exposición 'O camiño en viñetas' anima a peregrinar desde a arte e o humor co apoio da Xunta de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Xosé Merelles inaugurou a mostra e lembrou que máis de 488.000 peregrinos xa fixeron o Camiño no que vai de ano, un 10,42% máis que en todo 2023
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago, 8 de novembro de 2024
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, inaugurou esta mañá no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, a mostra de Fausto Isorna 'O Camiño en Viñetas', que permanecerá aberta ata o 14 de xaneiro de 2025. Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia enmarcou esta actuación na estratexia de divulgar e promover o camiño desde calquera expresión en xeral, e neste caso, en concreto, artítisca, a ilustración e o humor.
Xosé Merelles subliñou ademais que no que vai de ano máis de 488.000 peregrinos xa percorreron o Camiño, o que supón o 10,42% máis que en todo o 2023. "Estas cifras fannos ser moi optimistas e pensar que pecharemos 2024 cuns rexistros moi importantes", subliñou.
Referíndose á mostra de viñetas, Xosé Merelles puxo en valor o Camiño como fonte de inspiración para múltiples expresións artísticas entre as que se atopan o cómic e a banda deseñada. Neste caso, a mostrar xira en torno á aventura xacobea de Simón Martel, un personaxe do cómic galego cunha longa traxectoria e protagonista de sete libros.
Neste punto, o director de Turismo de Galicia agradeceu a participación nesta mostra de Gemma Sesar, "que fiou todo a modo de argumento"; de Fausto Isorna "que nos ofrece a súa particular visión do Camiño a modo de ilustración", e de Pablo Rosendo, Pepe Quintela, Axeitos&Co e Daexga, que participaron no deseño e montaxe da mostra. "Unha forma de animar a viaxar e peregrinar a través da arte, neste caso, da ilustración e o humor", afirmou