A Xunta acorda a constitución do Comité Clínico do Plan galego de reprodución asistida para garantir a aplicación das técnicas máis eficaces en cada caso de infertilidade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Sanidade subliña que as pacientes recibirán información completa sobre as implicacións médicas das técnicas e tratamentos
- Gómez Caamaño eloxia o traballo do persoal das tres unidades do Servizo Galego de Saúde, que pasarán de 30 a 74 profesionais ao remate do plan en 2028
- O Plan galego de reprodución humana asistida permitirá optimizar o funcionamento das unidades para reducir os tempos de acceso ás consultas e realización de técnicas
- Organízase o incremento de persoal, equipamento e mellora de instalacións para ofrecer de forma progresiva a carteira de servizos máis ampla de España

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2024
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, anunciou a creación do Comité Clínico do Plan galego de reprodución humana asistida 2024-2028 que garantirá a aplicación das técnicas máis eficaces en cada caso particular de infertilidade.
Así o trasladou o conselleiro, acompañado polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva, tras a reunión con representantes das tres unidades de reprodución asistida do Servizo Galego de Saúde.
Gómez Caamaño explicou que este novo Comité Clínico realizará un seguimento permanente do desenvolvemento das novas prestacións que se recollen no plan. "A posta en marcha destas novas medidas require da tutela de profesionais especializados, responsables de achegar información realista a cada paciente sobre as implicacións dos tratamentos e as posibilidades de éxito", indicou o conselleiro.
O titular da carteira sanitaria, xunto á doutora Marta Veiga, da unidade de reprodución asistida do CHUS, resaltou a implicación do persoal das tres unidades do Servizo Galego de Saúde situadas en Santiago de Compostela, en Vigo e na Coruña.
Tal e como recolle o Plan galego de reprodución humana asistida da Xunta, o Servizo Galego de Saúde multiplicará por 2,5 o número de profesionais destas unidades para pasar dos 30 actuais a 74 profesionais ao remate do plan en 2028.
Cun investimento de 7,8 M€, ademais de persoal, habilitaranse novos espazos e adquirirase equipamento para cumprir os obxectivos do plan de reprodución asistida.
Galicia ofrecerá a carteira de servizos máis ampla de España neste eido xa que, entre outras posibilidades, permitirá a conxelación de óvulos para mulleres de 30 a 35 anos sen patoloxías que desexen adiar a maternidade, dará acceso a estas técnicas a mulleres que xa tivera un fillo e elevará a idade máxima de acceso ás técnicas de reprodución asistida ata as menores de 45 anos.