A Xunta somete a información pública o proxecto para a mellora de 66 paradas de autobús nos concellos de Cabanas, Bergondo e Sada
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Intervirase no ámbito das rutas de acceso polo leste á cidade da Coruña nun total de 9 estradas de titularidade autonómica, cun investimento de preto de máis de 2,2M€
- Actuarase en 22 paradas no municipio de Bergondo, en 10 en Cabanas e en 34 en Sada
- As obras incluirán a dotación de marquesiñas, a mellora da accesibilidade con ramplas, información en braille e o incremento da visibilidade e iluminación
- A Xunta ten como obxectivo poder licitar a execución das obras ao longo do ano 2025
- As persoas interesadas poderán presentar alegacións por un prazo de 30 días hábiles, a contar a partir deste vindeiro luns
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2024
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas somete a información pública o proxecto de mellora da accesibilidade e conectividade de 66 paradas de autobús situadas na rede de estradas de titularidade autonómica no ámbito das rutas de acceso leste á cidade da Coruña.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio do inicio deste trámite para a mellora das paradas de autobús en 9 estradas da rede autonómica da Xunta, ao seu paso polos municipios de Cabanas, Bergondo e Sada.
En concreto, as intervencións propostas desenvolveranse nas estradas da Xunta: AC-122, AC-141, AC-161, AC-162, AC-163, AC-164, AC-182, AC-183, e AC-564.
Trátase de actuar en 22 paradas no municipio de Bergondo, en 10 en Cabanas e en 34 en Sada.
Co procedemento que hoxe anuncia o DOG, tamén se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización desta actuación. Asía, para a execución das obras será necesario expropiar un total de 62 predios. A superficie de expropiación definitiva é de 3.802,29 m2.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións ao citado proxecto, por un prazo de 30 días hábiles, a contar a partir deste vindeiro luns, día 11.
O obxectivo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas é poder aprobar o proxecto no primeiro semestre de 2025, para a continuación realizar a convocatoria de levantamento de actas previas das expropiacións e licitar a execución das obras ao longo de 2025. O prazo de execución das obras é de 18 meses.
As actuacións
As intervencións que se someten a información pública consisten, entre outras, na mellora dos apartadoiros para os autobuses e as súas cuñas de entrada e saída, así como no acondicionamento dos itinerarios peonís na contorna das paradas.
As actuación abranguen a colocación de refuxios de tipo rural e urbano, en función do lugar onde se encontre a parada, mellorando o equipamento, con postes, bancos ou apoio isquiático. Os refuxios a instalar foron deseñados pola Dirección Xeral de Mobilidade, dependente da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Tamén se levará a cabo a mellora da accesibilidade para peóns, en xeral, e para persoas con mobilidade reducida, a través de medidas como a conexión das paradas cos itinerarios peonís, a execución de ramplas de acceso, información en braille ou pavimento podotáctil.
As obras incluirán medidas de seguridade, tamén con perspectiva de xénero, e eliminación vexetación na zona de instalación dos refuxios, deseñados con paneis transparentes para que sexa visible a zona interior, o que mellorará a visibilidade, ademais de mellorar a iluminación ou á ampliación do espazo ao redor das propias paradas.
Ademais levaranse a cabo traballos de reforzo do firme naqueles puntos nos que se instalen as citadas marquesiñas.
Con estas melloras preténdese fomentar o uso do transporte público, diminuíndo os movementos de corto e medio percorrido en transporte privado, con orixe e/ou destino nas cidades de maior poboación.
Os proxectos enmárcanse no Plan de infraestruturas da Xunta para unha mobilidade segura, verde e intelixente, e son susceptibles de financiación dos fondos europeos FEDER 21/27.
A Xunta segue a avanzar nestes proxectos no marco do Plan de mellora da seguridade e accesibilidade das paradas de autobús nas estradas autonómicas, co que a Xunta ten previsto investir arredor de 35 M€ para a mellora de máis de 1.100 paradas en toda Galicia.