A Xunta salienta a importancia de abrir o futuro Foro do litoral á participación do eido académico galego

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A consulta pública previa sobre a composición e funcionamento deste órgano colexiado de asesoramento abriuse o pasado 22 de outubro e todas as persoas interesadas teñen un mes de prazo para facer as súas achegas e consideracións
  • A comunidade avanza así no desenvolvemento da Lei de ordenación e xestión do litoral á espera da celebración da ponencia técnica co Goberno central para a negociación do traspaso de medios e servizos para o autogoberno da franxa costeira

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2024

A Xunta considera clave contar coas aportacións do ámbito universitario galego de cara a establecer a futura composición e funcionamento do Foro do litoral e contar coa súa participación neste órgano colexiado, co fin de que acheguen unha visión multidisciplinar desde distintos eidos que inciden de forma directa na xestión na franxa costeira.

Así llo trasladou hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, a profesores e investigadores designados pola Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVIGO) para abordar a posta en marcha deste organismo, previsto na Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga).

Cómpre lembrar que o pasado 22 de outubro se someteu a consulta pública previa a creación do Foro do litoral co fin de que todas as persoas e entidades interesadas teñan un mes de prazo para facer as súas aportacións de cara a unha axeitada conformación e operatividade deste organismo.

Acompañados tamén do catedrático da UDC Javier Sanz, que como director do Observatorio do Litoral participou directamente na redacción da Loxilga, a responsable galega salientou que con estes contactos previos á constitución do Foro, a comunidade avanza no desenvolvemento da norma e no exercicio pleno das súas competencias neste eido, referendadas pola sentenza do Tribunal Constitucional do pasado abril.

Neste sentido, a Xunta remitiu hai uns días a súa resposta fundamentada ao borrador remitido polo Executivo central sobre o traspaso dos medios e servizos para a xestión plena do litoral, paso previo á celebración da ponencia técnica para iniciar a negociación.

O Foro do litoral configurarase como máximo órgano colexiado de participación, asesoramento e consulta en materia de ordenación do litoral e estará conformado, tal como establece a propia lei, por representantes das administracións, as universidades, organismos científicos, organizacións dos sectores produtivos, organizacións ambientais e outras que teñan como obxectivo a defensa e protección do patrimonio cultural.

De feito, a esta reunión seguiranlle outros contactos con representantes do sector do mar —da actividade extractiva— así como de organizacións implicadas na protección e xestión do litoral, co fin de contribuír a unha óptima ordenación da costa que teña en conta tanto os aspectos medioambientais como os económicos e os sociais.

Galicia converteuse coa Lei de ordenación e xestión integrada do litoral na primeira comunidade española en regular a través dunha normativa propia e integral a franxa costeira en toda a súa extensión. A Xunta está a dar os pasos necesarios para o desenvolvemento dunha norma que permitirá xestionar os 2.500 quilómetros de costa da comunidade e 1,6 millóns de hectáreas terrestres e marítimas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/11/2024
606239 {"title":"A Xunta salienta a importancia de abrir o futuro Foro do litoral á participación do eido académico galego","published_date":"2024-11-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/131426-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"606239"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-07/606239-xunta-salienta-importancia-abrir-futuro-foro-do-litoral-participacion-do-eido-academico-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.