Turismo promociona en Bilbao a proposta urbana con 'De Tapas por Galicia' para incrementar o fluxo de visitantes todo o ano da man da gastronomía

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O ano pasado, o mercado vasco situouse en 269.000 visitantes que fixeron 2,1 millóns de noites, o que supón crecementos dun 7% e un 12% respectivamente
  • O Mercado de La Ribera de Bilbao acolle desde mañá a Semana Gastronómica con sete propostas de sete cociñeiros das sete principais cidades de Galicia

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Bilbao (Vizcaya), 7 de novembro de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou esta tarde a semana gastronómica De Tapas por Galicia en Bilbao coa que Turismo de Galicia presenta na capital de Vizcaya as tapas gañadoras este ano nos certames celebrados nas sete cidades galegas. A promoción da oferta turística urbana é un dos obxectivos da Estratexia de Turismo de Galicia 2030 e que se persegue tamén con esta acción con miras postas en incrementar os 269.000 turistas vascos rexistrados en 2023 e tamén garantir un fluxo de visitantes durante todo o ano.

Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia puxo en valor a gastronomía como un dos principais atractivos para turistas que cada día outorgan máis valor a experiencias de calidade e singulares. Así, destacou a estratexia do Goberno galego de promoción de gastronomía galega co Plan Territorial de Sostibilidade Turística de Enogastronomía de Galicia, dotado con 34,5 M€, que dá conta "da nosa férrea aposta pola gastronomía e o noso traballo para posicionar Galicia como un destino de excelencia".

O director de Turismo de Galicia puxo en valor tamén a gastronomía do País Vasco, á que se referiu como un referente en todo o territorio nacional. En relación a De Tapas por Galicia dixo que é "un dos nosos mellores escaparates para amosar o mellor dos nosos produtos de proximidade, o mellor modo de facer dos nosos cociñeiros e o carácter máis innovador da nosa cociña".

Tapas e viños das DO

Desde mañá e ata o vindeiro 17 de novembro, sete cociñeiros das sete principais cidades galegas reuniranse no Mercado de La Ribera da capital bilbaína para amosar as súas propostas gastronómicas en forma de tapa, maridadas con viños das cinco Denominacións de Orixe de Galicia. Cada cociñeiro elaborará unha media de 300 tapas nos distintos días desta semana.

Así, este vernes será a quenda de Manu Triay que rexenta a Taberta Triay na Coruña e que presentará a tapa Donete recheo de cocido. O sábado será Álvaro Pérez de Artesana Gastrobar en Santiago de Compostela, o que elabore a tapa Estamos como cabras para logo o domingo, Iñaki Bretal do Restaurante Loaira en Pontevedra, presente a proposta Trasmallos entre neboeiro.

O xoves 14 chegará a tapa Nigiri crokketa de carabineiro, elaborada por Nicolás Pío de Nikko Espacio Gastronómico de Vigo, e o venres, será Gabi Conde do Restaurante Portovello de Ourense o que explique e cociñe a tapa A Terma. O sábado tocaralle a quenda ao gañador da tapa na cidade de Lugo, Bret Fernández de Prebe by Bret que elaborará Xurelo Black Coupage e o último día, o domingo 17 de novembro, será Adrián Pérez do restaurante ferrolán Sinxelo, quen presente e tapa Recordos da miña nenez.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/11/2024
606234 {"title":"Turismo promociona en Bilbao a proposta urbana con 'De Tapas por Galicia' para incrementar o fluxo de visitantes todo o ano da man da gastronomía","published_date":"2024-11-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/131242-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"606234"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-07/606234-turismo-promociona-bilbao-proposta-urbana-tapas-galicia-incrementar-fluxo-visitantes-ano-da-man-da-gastronomia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.