A Xunta concede unha axuda de case 3 M€ a unha cooperativa para a construción de 60 vivendas protexidas no Porriño
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O proxecto de Residencial Aloques resultou beneficiario das axudas a promotores convocadas pola Xunta que ten un presuposto total de 11M€ para a construción de vivendas protexidas na parcela situada entre a Avenida de Galicia e a nova rúa Aloques
- A conselleira pon en valor o orzamento histórico para 2025, no que a Xunta destina 240M€ ás políticas de vivenda e urbanismo, "para dar resposta á cidadanía neste dereito fundamental"

O Porriño, 6 de novembro de 2024
A Xunta colabora con case 3M€ na construción de 60 vivendas de protección autonómica no concello do Porriño, a través da liña de axudas a promotores que puxo en marcha a Administración autonómica para construír inmobles de vivendas de alugueiro accesible.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, achegouse hoxe á parcela situada no encontro entre a Avenida de Galicia e a nova rúa Aloques, no núcleo urbano do Porriño, onde deu a coñecer un novo proxecto de vivenda protexida, neste caso da man de Residencial Aloques, cooperativa de vivenda.
Este proxecto ten un presuposto total de 11M€ para a construción destas 60 novas vivendas de protección autonómica. Coas 60 vivendas proxectadas téntase abranguer a maior diversidade posible de demanda, executándose 8 vivendas de 1 dormitorio; 25 de 2 e 27 de 3 dormitorios. A escavación está xa realizada e as obras deben desenvolverse nun prazo de 36 meses, prorrogables ata 38.
A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas remarcou o compromiso claro da Xunta coa vivenda, para o que "estamos a dar pasos firmes, tanto para incrementar a oferta de vivenda pública, como para facilitar solo onde desenvolver vivenda". E tamén, engadiu, adoptando "as medidas legais que permitan axilizar os prazos para poñer vivenda no mercado, garantindo sempre a seguridade xurídica".
María M. Allegue incidiu na vontade do departamento que dirixe de seguir construíndo máis vivendas públicas e poñer solo ao dispor de promotores e cooperativas, insistindo na importancia, como neste caso, da colaboración público-privada á hora de enfrontar este reto.
A conselleira fixo fincapé na continuidade no traballo da Xunta para reforzar a vivenda protexida en Galicia, no obxectivo de avanzar nos retos de lexislatura de duplicar as vivendas públicas ata as 8.000 e facilitar solo para a construción de 25.000 novas vivendas, 20.000 delas protexidas. A este respecto, lembrou que a Xunta leva xa preto de 1.600 vivendas de promoción pública en distintas fases de tramitación e execución.
María M. Allegue puxo en valor o orzamento histórico para 2025, no que a Xunta vai a destinar 240M€ ás políticas de vivenda e urbanismo, "para dar resposta á cidadanía neste dereito fundamental".