A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra continúan en Vigo as reunións para enriquecer o plan de usos do Teatro Cine Fraga
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Representantes do Goberno galego e da institución provincial escoitan de primeira man ideas e suxestións do Instituto de Estudos Vigueses
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 4 de novembro de 2024
A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra reuníronse a tarde de hoxe en Vigo con membros do Instituto de Estudos Vigueses, dentro da liña de traballo aberta para a recollida de propostas e suxestións que permitan enriquecer o Plan de usos do Teatro Cine Fraga de Vigo.
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da institución provincial, Luisa Sánchez, escoitaron de primeira man as ideas e iniciativas para este edificio emblemático da cidade olívica desta institución, encadrada na Confederación Española de Centros de Estudios Locais, pertencente ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
As súas achegas súmanse ás que se levan recibindo desde principios de setembro nas reunión con colectivos e entidades do sector cultural de diferentes eidos que, segundo valorou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, aportaron "valiosas achegas" para enriquecer o deseño do chamado a ser un centro cultural pioneiro e referente na Comunidade galega e no noroeste peninsular.