A Xunta promove a creación literaria na terceira quenda da Residencia Literaria Illa de San Simón
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Redondela (Pontevedra), 4 de novembro de 2024
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, recibiu hoxe aos escritores que participan na terceira quenda da II Residencia Literaria Illa de San Simón, na que se promove a creación literaria mediante unha estadía de ata dúas semanas neste entorno. Deste xeito, salientou a boa acollida desta proposta o que fixo que nesta última convocatoria se duplicasen as prazas, "ofrecendo a cada vez máis persoas a posibilidade de vivir unha experiencia única mentres traballan nos seus proxectos".
No marco desta visita, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude fixo fincapé no compromiso do Goberno Autonómico co apoio aos creadores e creadoras galegos no eido da creación literaria a través de diversas iniciativas que impulsan, como estas estadías, as axudas á creación literarias ou a organización de feiras do libro, entre outras.