A Xunta asina a colaboración coa Asociación galega de empresas de envasado de auga mineral para a distribución de 75.000 botellas entre as persoas doadoras
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Sanidade e o presidente da asociación subscribiron o acordo que ten como obxectivo fomentar as doazóns de sangue, órganos e tecidos
- As botellas de auga serán distribuídas ás persoas doadoras nas campañas que leve a cabo a Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2024
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o presidente da Asociación galega de empresas de envasado de auga mineral natural (AGAMIN), Álvaro García de Quevedo, veñen de asinar un convenio de colaboración para fomentar a doazón de sangue, órganos e tecidos entre a poboación galega para contribuír a garantir a cobertura das necesidades hemoterápicas dos centros sanitarios galegos.
No acto de sinatura tamén estivo presente a directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), Marisa López.
Tal e como recolle o convenio firmado, a Asociación galega de empresas de envasado de auga mineral natural comprométese a poñer á disposición da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, un total de 75.000 botellas de auga de 500 ml que serán distribuídas entre as persoas doadoras.
Así mesmo, a asociación distribuirá entre os seus asociados información relativa ás actividades promovidas por ADOS.
A Axencia Galega de Doazón, pola súa banda, encargarase das tarefas de promoción e divulgación informativa e asumirá a loxística vinculada á recollida das botellas de auga e á súa distribución entre as persoas doadoras.
O acordo prevé unha duración inicial de un ano, coa posibilidade de prórroga por outro ano máis.