A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra continúan en Vigo as reunións co sector cultural para enriquecer o plan de usos do Teatro Cine Fraga
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Representantes do Goberno galego e da institución provincial escoitan de primeira man ideas do sector das artes plásticas, escultóricas e fotográficas de Vigo e contorna
- O director xeral de Cultura salienta a "recollida ampla e o máis transversal posible" de propostas para facer deste espazo un referente cultural para Galicia e norte de España
- Este mes de outubro pecharase a caixa de correos virtual, que xa ten recibido máis de 200 proxectos de entidades e veciñanza da cidade e da contorna
- Estas iniciativas forman parte da campaña 'O mellor espazo busca o mellor contido' que se activou a finais de agosto cunha boa acollida e alto interese en involucrarse
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 31 de outubro de 2024
A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra reuniron a tarde de hoxe en Vigo a representantes de eido das artes plásticas e da fotografía, dentro da liña de traballo aberta para a recollida de propostas e suxestións que permitan enriquecer o Plan de usos do Teatro Cine Fraga de Vigo.
Na sede de Vigo da Deputación de Pontevedra, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da institución provincial, Luisa Sánchez, escoitaron de primeira man as ideas e iniciativas para este edificio emblemático da cidade olívica de institucións, fundacións, galerías e artistas plásticos, escultóricos ou da fotografía como Ruth Lodeiro, Eva Díez, Carlos Bermúdez, Carlos Rosón, Pedro Dobao ou Antonio Chaves, entre outros membros e colectivos destes ámbitos creativos.
Reunións abertas á cidadanía desde setembro
As súas achegas súmanse ás que se recibiron nas reunión das semanas pasadas con colectivos e entidades do sector musical, tanto de base como profesionalizados. Cómpre lembrar que a primeira xuntanza aberta á cidadanía realizouse a principios de setembro, na que participaron tamén un cento de persoas e entidades que aportaron valiosas achegas para enriquecer o deseño do chamado a ser un centro cultural pioneiro e referente na Comunidade galega e no noroeste peninsular.
"Procuramos levar a cabo unha recollida ampla e o máis transversal posible con todos os sectores da escena cultural de Vigo e comarca", explicou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, con respecto ao papel que están a desenvolver ambas as dúas administracións. Neste senso, incidiu no agradecemento polo "alto interese, xenerosidade e compromiso" que durante todo este tempo se está a "recibir e percibir" proveniente de parte de particulares e colectivos do sector cultural de Vigo e da contorna. "Emociona a alta implicación en darlle unha nova vida a este valioso espazo, tanto para a cidade como para toda a comunidade", valorou.
Caixa de correo virtual aberta ata finais de outubro
Precisamente, Anxo M. Lorenzo atribuíu o interese que ten espertado a "recuperación e incorporación a unha activa vida cultural" do Teatro Cine Fraga á decisión de ter ampliado un mes máis a caixa de correo virtual, posta en marcha a finais de agosto, que tamén ten como obxecto recoller en liña propostas, suxestións e ideas de cara ao deseño do futuro Plan de usos e que se pechará ao rematar este mes de outubro.
Ao respecto, o director xeral de Cultura salientou "a boa acollida" desta iniciativa, que forma parta da campaña O mellor espazo busca o mellor contido, xa que destacou que se teñen recibido máis de 200 propostas. En todo caso, animou a particulares e entidades a espremer no día de hoxe esta vía virtual co envío de propostas e proxectos a propostas@teatrofraga.gal antes de proceder ao seu peche.