Belén do Campo anima aos beneficiarios do 'Outono Gastro-nómico en Turismo Rural' a aproveitar os descontos da Xunta ata o 15 de decembro

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A delegada da Xunta na Coruña visitou un dos 77 establecementos participantes este ano neste programa dos cales 24 son da provincia da Coruña
  • Ofrécense desde menús especiais, ata paquetes con estadías e nalgunhas das casas e tamén haberá actividades como paseos a cabalo, descenso en canoa ou sendeirismo
  • "Nos seus 17 anos consolidamos este produto que contou con máis de 90.000 participantes co que impulsamos o turismo rural fóra de temporada", indica a representante do Goberno autonómico

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Arzúa (A Coruña), 30 de outubro de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou, está mañá, o establecemento Pazo de Sedor, participante no programa 'Outono Gastronómico en Turismo Rural 2024', a proposta da Xunta de Galicia para impulsar o turismo rural fóra de temporada, no que participan 77 casas rurais, das cales 24 están na provincia da Coruña, ofrecendo paquetes gastronómicos especiais, paquetes de estadías e actividades paralelas.

Belén do Campo, lembrou que esta edición que, ademais, traerá actividades especiais de promoción é subliñou que esta campaña impulsada por Turismo de Galicia "conseguiu consolidarse como demostran os case 6M€ que se inxectaron no sector turístico nestes dezasete anos nos que participaron máis de 92.000 persoas", expresou.

O Outono Gastronómico en Turismo Rural estase a desenvolver desde o 13 de setembro e rematará o   15 de decembro, coa intención de desestacionalizar e impulsar o sector do turismo rural.

Actividades sostibles

En relación a esta edición de 2024 do Outono Gastronómico, a delegada referiuse as posibilidades que ofertan a maiores 31 establecementos de actividade Outono Plus, con propostas que van desde paseos a cabalo, descenso en canoa, sendeirismo, visitas culturais, e outras. Neste caso, o Pazo de Sedor oferta unha cata de viños galegos os sábados e domingos para maiores de 18 anos.

Neste sentido, salientou ademais a variedade de propostas que poden elixir as persoas que queiran gozar desta experiencia desde o menú  Outono gastronómico cun custe de 37,50€/persoa; ou as que inclúen estadías na casa rural e oferta gastronómica como paquete Outono gastronómico por, 105€/persoa en cuarto individual e 165€/dúas persoas nun cuarto dobre; a fin de Semana Outono Gastronómico, 165€/persoa nun cuarto individual, e 260€/ dúas persoas en cuarto dobre; e a fin de Semana Familiar Outono Gastronómico, 310€/dous adultos con 1 neno ou nena nun cuarto dobre con cama supletoria, e 360€/dous adultos con dous nenos ou nenas en dous cuartos dobres.

Embaixadores do Outono Gastronómico

Belén do Campo tamén subliñou que xa foron seleccionados un total de cinco bloggers e instagramers do ámbito internacional e outras cinco do ámbito galego, que suman máis de medio millón de seguidores, dentro da iniciativa  'Embaixadores de Galicia' no marco da nova campaña promocional de Turismo de Galicia para impulsar o Outono Gastronómico. A selección dos 10 embaixadores fíxose a partir das 632 solicitudes recibidas, o que representa en conxunto máis dun millón de seguidores asociados aos perfís dos interesados.

Deste xeito as persoas que actúan como embaixadores de Galicia farán as súas comunicacións en árabe, chino, polaco, brasileiro, catalán, inglés, castelán e galego. O público directo ao que poderán chegar coas súas interacción en redes sociais achégase ao medio millón de seguidores.

Turismo de Galicia busca así implicar na campaña Outono Gastronómico en Turismo Rural a aquelas persoas que actualmente publican contidos neste sentido, divulgando en grande medida o patrimonio natural e patrimonial de Galicia, converténdoos en embaixadores nas redes sociais.

Para incitar á participación, creouse un vídeo dinámico para as redes no que se invitaba a colaborar con Turismo de Galicia, apelando ao seu orgullo por ser galegos ou apaixonados por esta terra, e o seu cariño por amosar Galicia. Os 10 embaixadores terán como compensación ao seu compromiso co turismo desta Comunidade, unha fin de semana do Outono Gastronómico en turismo rural, que inclúe todos os gastos necesarios para levala a cabo, pero non retribucións económicas, se solicitará a divulgación da campaña nas súas propias redes.

Toda esta información e outra relativa ao Outono Gastronómico en Turismo Rural pódese descargar na web www.turismo.gal, onde figuran ademais, todos os establecementos participantes e os menús exclusivos de cada un.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 30/10/2024
599584 {"title":"Belén do Campo anima aos beneficiarios do 'Outono Gastro-nómico en Turismo Rural' a aproveitar os descontos da Xunta ata o 15 de decembro","published_date":"2024-10-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/129551-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"599584"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-30/599584-belen-do-campo-anima-aos-beneficiarios-do-outono-gastro-nomico-turismo-rural-aproveitar-os-descontos-da-xunta-ata-15-decembro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.