Medio Rural sobe un 3,5% o seu orzamento no 2025 para seguir impulsando a remuda xeracional e o apoio aos produtores, ás infraestruturas e á calidade alimentaria

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A titular de Medio Rural explicou que os presupostos superan os 700 M€ para seguir traballando en frear o despoboamento, impulsar as oportunidades laborais no agro, mediante o reforzo da formación, e mellorar a competitividade do sector
  • Salientou a aposta da Xunta polos centros de formación agroforestal e por un novidoso programa de titorización vinculado ao Plan de Remuda, ao que se suma a creación do Banco de Explotacións
  • Destacou o compromiso co territorio mediante o impulso ás parcelarias e ás diferentes ferramentas da Lei de recuperación da terra, cunha achega de preto de 20 M€ para seguir implementando estas medidas
  • Sinalou que o apoio aos produtores plasmarase, entre outras accións, cunha achega de case 30 M€ para reforzar a seguridade e a sanidade animal e vexetal (un 43% máis ca no 2024), especialmente para intensificar a loita contra a EHE ou a lingua azul
  • Remarcou o Plan Camiña Rural, con preto de 20 M€ para actuar na mellora e mantemento dunhas vías "vitais" para conseguir "un rural vertebrado, facilitar o traballo agrícola, diminuír os custos de produción e conectar os veciños"
  • Na loita contra os incendios forestais, puxo en valor a mellora das condicións laborais dos profesionais, así como os 50,5 M€ contemplados para prevención e os 39,1 M€ para extinción
  • Sobre a calidade agroalimentaria, fixo énfase nos máis de 8 M€ para o Plan Saborea Calidade Diferenciada de Galicia, que contempla as accións directas da Consellería e as achegas aos consellos reguladores para promoción e control da calidade

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2024

A Consellería do Medio Rural contará no 2025 cuns orzamentos que superan os 700 millóns, o que supón un incremento de máis do 3,5% respecto aos deste ano. Así o destacou a titular do departamento, María José Gómez, na súa comparecencia desta tarde no Parlamento para explicar as contas do vindeiro exercicio. Segundo Gómez, os cinco piares sobre os que se sustentan os orzamentos de Medio Rural son a formación e o asesoramento para fomentar a incorporación ao agro; o compromiso co territorio; o apoio aos produtores; a mellora das infraestruturas e a promoción da calidade agroalimentaria galega.

Así, con respecto á formación e o asesoramento, a conselleira salientou a aposta da Xunta polos centros de formación agroforestal e por un novidoso programa de titorización vinculado ao Plan de Remuda. Este plan vai dirixido á mocidade e ás persoas de nova incorporación ao rural, de forma que poidan contar coa figura dun titor que os guíe na súa actividade.

A este programa súmase, tal e como explicou Gómez, unha nova liña de axudas para promover a sucesión nas granxas a través do Banco de Explotacións, un instrumento público de intermediación que facilitará a posta en contacto entre titulares de explotacións que abandonan a actividade e persoas interesadas en incorporarse a ela. A conselleira enmarcou estas medidas no esforzo investidor da Xunta a prol da remuda xeracional, que terá continuidade nos orzamentos de 2025 cunha achega de 26,6 millóns de euros para fomentar a incorporación de mozos e agricultores novos ao agro.

Canto ao compromiso co territorio, María José Gómez referiuse ao impulso ás parcelarias e ás diferentes ferramentas da Lei de recuperación da terra agraria. Así, salientou que se destinarán preto de 20 millóns de euros a seguir implementando estas medidas, así como outras complementarias, caso dos pasteiros, para os que están orzamentados outros 3,7 millóns de euros.

Apoio aos produtores

Sobre o apoio aos produtores, a conselleira sinalou que se plasmará, entre outras moitas accións, cunha achega de case 30 millóns de euros para reforzar a seguridade e a sanidade animal e vexetal, o que supón un incremento do 43% respecto ao ano pasado, especialmente no que atinxe a intensificar a loita contra doenzas como a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) -con 5,4 millóns para axudas directas aos afectados- ou a lingua azul.

Nesta mesma liña, tamén se contemplan nas contas de Medio Rural para o vindeiro ano 1,4 millóns de euros para financiar a subministración das marcas de identificación de gando bovino, ovino e cabrún, que pasarán de ser visuais a electrónicas. Todo isto, sen esquecer o fomento de explotacións cada vez máis "modernas, produtivas e competitivas", cunha aportación de 46,2 millóns de euros para os plans de mellora e de 10,3 millóns de euros para axudar os pequenos produtores na compra de maquinaria e equipamentos en común. Do mesmo xeito, salientou o incremento nas axudas para fomentar os seguros agrarios, que pasarán de 8,5 millóns de euros este ano a 9,5 millóns no vindeiro.

Infraestruturas rurais e de loita contra o lume

No que atinxe ás infraestruturas, Gómez destacou o Plan Camiña Rural, cun orzamento de preto de 20 millóns de euros, para actuar na mellora e mantemento dunhas vías consideradas "vitais" para conseguir "un rural vertebrado, facilitar o traballo agrícola, diminuír os custos de produción e conectar os veciños". Neste mesmo apartado, a conselleira situou os investimentos previstos para as oficinas rurais, con 4 millóns de euros, destacando as novas sedes de Lalín e Meira, así como os apoios ao regadío da Limia e do Val de Lemos, con 1,6 millóns de euros.

Tamén no eido das infraestruturas, pero centradas na loita contra os incendios forestais, Gómez puxo en valor os 50,5 millóns de euros contemplados para prevención e os 39,1 millóns para extinción, e salientou o notable incremento rexistrado nestas partidas nos últimos nove anos, pasando duns 56 millóns de euros aos actuais 90 millóns nos orzamentos para 2025.

Ao tempo, a conselleira reiterou o compromiso cos profesionais que loitan contra o lume -cuxo labor volveu recoñecer explicitamente- e que se plasma cun orzamento de 8,8 millóns de euros para mellorar as súas condicións salariais e laborais.

Así mesmo, dentro da área forestal, a titular de Medio Rural subliñou os 15 millóns que se disporán para as axudas ao fomento da silvicultura tanto produtiva -orientada cara as coníferas- como adaptativa -de frondosas-, así como o esforzo para seguir fomentando o asociacionismo mediante as agrupacións forestais de xestión conxunta. Tamén fixo fincapé no inicio da tramitación do novo marco normativo que suporá a Lei de montes veciñais en man común e ao Plan estratéxico das masas de coníferas que se está ultimando, sempre coa perspectiva de incentivar a produción sustentable e a conservación da biodiversidade.

Promoción da calidade agroalimentaria

En relación coa promoción da calidade agroalimentaria, María José Gómez puxo en valor o Plan Saborea Calidade Diferenciada de Galicia, con máis de 8 M€ para financiar as accións directas da Consellería e as achegas aos consellos reguladores para promoción e control da calidade. Este último plan, salientou, inclúe ademais unha liña de apoio para a celebración de feiras e eventos gastronómicos promovidos polos concellos.

Todo este esforzo económico enfocarase, trasladou a conselleira, a seguir incidindo na loita fronte o despoboamento, con especial énfase nas axudas para avanzar no fomento da remuda xeracional; no impulso ás oportunidades laborais, mediante o reforzo da formación e a mellora constante da competitividade, a través do investimento en infraestruturas, a posta en valor do territorio, a investigación, a promoción e a aposta pola industria agroforestal.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 29/10/2024
598289 {"title":"Medio Rural sobe un 3,5% o seu orzamento no 2025 para seguir impulsando a remuda xeracional e o apoio aos produtores, ás infraestruturas e á calidade alimentaria","published_date":"2024-10-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/129963-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"598289"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-29/598289-medio-rural-sobe-3-5-seu-orzamento-2025-seguir-impulsando-remuda-xeracional-e-apoio-aos-produtores-as-infraestruturas-e-calidade-alimentaria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.