A Xunta destina 639.000 euros a impulsar a actividade das tres fundacións públicas galegas de investigación biomédica

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura de tres convenios de colaboración destinados a facilitar a transferencia de resultados da investigación á práctica sanitaria
  • Os Institutos de Investigación sanitaria integran a máis de 2.300 investigadores distribuídos en 187 grupos de investigación, a maior parte deles profesionais do Servizo Galego de Saúde e das universidades da nosa comunidade
Imagen del artículo A Xunta destina 639.000 euros a impulsar a  actividade das tres fundacións públicas galegas de investigación biomédica
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2024

A Xunta vai destinar 639.000 euros a impulsar a actividade das tres fundacións públicas galegas de investigación biomédica co obxectivo de facilitar a aplicación na práctica sanitaria dos coñecementos. O obxectivo é fomentar a transferencia dos resultados da investigación sanitaria en beneficio da saúde da cidadanía.

O Consello da Xunta aprobou hoxe a sinatura de tres convenios de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a través da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e as tres fundacións públicas galegas de Investigación Biomédica, a da Coruña (FINIBIC); a de Santiago de Compostela (FIDIS); e a de Galicia Sur (FPGIBGS), destinados ao desenvolvemento do Programa INTRES de impulso da investigación traslacional de excelencia en saúde de Galicia.

Os tres convenios de colaboración, que comprenden as actuacións do período 2024-2026, teñen por obxecto a realización de actividades dirixidas a implantar un núcleo de excelencia que fomente a colaboración e o intercambio de coñecemento, así como o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica necesarios para incrementar a competitividade e a mellora da saúde das galegas e galegos.

Melloras reais na atención

Entre as liñas de actuación máis destacadas destes acordos están o incremento da cultura científica, tecnolóxica e innovadora dos principais axentes do ecosistema galego de I+D en Saúde, así como incrementar a difusión dos resultados da investigación.

A transferencia de resultados é un obxectivo prioritario da investigación sanitaria galega, para conseguir que os avances científicos se plasmen en melloras reais na atención sanitaria e, con iso, na saúde da poboación.

A través da implementación de novos coñecementos e tecnoloxías, pódense optimizar os tratamentos e mellorar a calidade asistencial. Con iso preténdese pechar a fenda entre os descubrimentos científicos e a súa aplicación práctica, para que se consiga realmente impactar nos pacientes ou nos sistemas de saúde.

Xunto ao anterior, preténdese mellorar a educación científico-técnica da sociedade en todos os niveis, colaborar na profesionalización da divulgación científica e apoiar o establecemento de sinerxías e o aproveitamento de recursos dos axentes do sistema de divulgación do coñecemento en saúde.

O Programa INTRES, obxecto dos convenios, está en concordancia coa Estratexia do Servizo Galego de Saúde 2030, que aposta polo impulso da xestión do coñecemento e a investigación a través de innovacións organizacionais con liderado en investigación, ademais de atracción de financiamento para investigación e aproveitamento de coñecementos particulares destinados á mellora común do sistema.

Asesoramento e apoio aos profesionais

As Fundacións de investigación biomédica ou sanitaria (que xestionan a investigación dos centros e institutos de investigación sanitaria de Galicia) teñen por obxectivo impulsar a investigación, a docencia, o desenvolvemento científico-tecnolóxico e a innovación no ámbito sanitario e en Ciencias da Saúde, servindo de apoio, asesoramento e xestión aos profesionais e investigadores das sete áreas sanitarias.

Os Institutos de Investigación sanitaria xestionados por estas Fundacións agrupan a máis de 2.300 investigadores distribuídos en 187 grupos de investigación distintos, a maior parte deles profesionais do Sergas e das universidades que levan a cabo estudos de investigación no ámbito biomédico, ademais dos preto de 600 profesionais que prestan os seus servizos directamente nestas fundacións.

Estes grupos de investigación abordan nos seus estudos distintas áreas de investigación como oncoloxía, xenética, microbioloxía, endocrinoloxía, nutrición, metabolismo, enfermidades cardiovasculares, neurociencias, enfermidades inflamatorias e infecciosas ou vacinas, entre outras.

O seu labor é fundamental, non só no desenvolvemento científico, senón na mellora da asistencia sanitaria á cidadanía, xa que un centro sanitario que investiga é un centro que presta unha mellor asistencia, ao manter unha constante actualización das súas capacidades e do coñecemento dos seus profesionais.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/10/2024
596586 {"title":"A Xunta destina 639.000 euros a impulsar a actividade das tres fundacións públicas galegas de investigación biomédica","published_date":"2024-10-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"596586"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-28/596586-xunta-destina-639-000-euros-impulsar-actividade-das-tres-fundacions-publicas-galegas-investigacion-biomedica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.