A Xunta culmina a apertura da canle artificial de desaugamento da lagoa da Frouxeira, en Valdoviño
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2024
A Xunta de Galicia acometerá mañá os traballos de apertura da canle de desaugamento da lagoa da Frouxeira, no municipio de Valdoviño.
Tralas abundantes choivas acaídas nos últimos días que elevaron o nivel de auga da lagoa, os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural habilitarán o luns 28 de outubro a apertura da canle artificial temporal que permite desaugar o lago da Frouxeira coa fin de evitar inundacións e os danos que estas causarían tanto nos ecosistemas como na seguridade pública.
Actualmente, danse ciclos nos que a canle de comunicación entre a lagoa e o mar permanece pechada e, cando se produce unha suba do nivel de auga, prodúcense inundacións na zona viaria e nas vivendas, seguido dunha rotura brusca da barreira litoral e o baleirado da lagoa que é o que se pretende evitar con esta apertura controlada.
Esta actuación lévase a cabo seguindo o protocolo establecido no decreto 30/2015 polo que se aproba o Plan de conservación da Lagoa e Areal de Valdoviño, que converteu a este enclave no primeiro humidal protexido de Galicia que conta con esta figura de protección.
A lagoa de Valdoviño, un dos humidais protexidos de Galicia, está formada pola lagoa litoral da Frouxeira e por un sistema dunar en moi bo estado de conservación. É un dos lugares de maior diversidade de Galicia, tanto pola presenza de hábitats naturais e seminaturais de especial relevancia, como polo importante número de especies da fauna e flora protexidas.