A Xunta destina en 2025 medio millón de euros ao impulso de áreas de estacionamento seguras para transportistas de mercadorías
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Goberno galego publicará unha orde de axudas para o desenvolvemento de aparcadoiros protexidos que dispoñan de instalacións axeitadas e servizos precisos
- A medida enmárcase no Plan estratéxico para a creación dunha rede galega de aparcadoiros seguros para o sector de transporte de mercadorías que prevé habilitar
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2024
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, reuniuse hoxe con representantes das federacións de transporte de mercadorías de Galicia para abordar a creación de áreas de estacionamento seguras e protexidas. A Xunta impulsa estes espazos a través dunha orde de axudas, que para 2025 está dotada con medio millón de euros, e que se prevé publicar na primeira metade do ano.
O obxectivo é facilitarlles aos condutores destes vehículos o acceso a aparcadoiros certificados conforme os requisitos establecidos nos regulamentos europeos, nos que poidan descansar con seguridade e dispoñer tanto de instalacións axeitadas como dos servizos precisos. Búscase tamén promover a profesión de transportistas e potenciar a incorporación da muller a este ámbito laboral.
Avánzase así no Plan estratéxico para a creación dunha rede galega de aparcadoiros seguros para o sector do transporte de mercadorías, aprobado hai un ano e co que se prevé habilitar 1.500 prazas de estacionamento seguro a través de distintas liñas de actuación impulsadas pola Xunta en colaboración con outras entidades que compartan este obxectivo.
Neste marco de acción distínguense dous tipos de estacionamento para camións. Por unha banda están as áreas en tránsito, localizadas en ruta para realizar os descansos necesarios segundo a normativa vixente, na que se centra a orde de axudas prevista para 2025. Por outra banda están as áreas de concentración, situadas en grandes polos de atracción de mercadorías e xeralmente dotadas de máis servizos e na que xa se está a traballar co desenvolvemento dunha área no Centro de Transporte de San Cibrao das Viñas.
Na xuntanza participaron representantes da Federación Empresarial de Transportes de Mercadorías de Galicia (Fetram), a Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia (Apetamcor) e da Federación Galega de Transporte de Mercadorías (Fegatramer), que puideron realizar as súas achegas de cara á publicación da nova orde de axudas.