O conselleiro de Sanidade destaca a achega do doutor Francisco Barón Duarte á humanización da oncoloxía no seu ingreso na Real Academia de Medicina
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 24 de outubro de 2024
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou hoxe a achega do doutor Francisco Barón Duarte á humanización da oncoloxía, no acto de ingreso deste facultativo á Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.
Gómez Caamaño subliñou a achega desta institución para elevar o prestixio e impulsar o progreso da ciencia médica en beneficio da sociedade, aproveitando os coñecementos e a experiencia dos seus integrantes.
O conselleiro sinalou algúns dos grandes desafíos que afronta a ciencia médica, como o acusado envellecemento da poboación, a necesidade de integración racional da intelixencia artificial á medicina ou a urxencia pola incorporación á práctica clínica dos resultados da investigación sanitaria.
Neste sentido, Gómez Caamaño convidou á Real Academia de Medicina a actuar como apoio que contribúa a guiar os pasos de cantos se dedican ao coidado da saúde da poboación.