A Xunta incrementará en 2025 o importe das axudas a entidades veciñais en máis dun 33 % ata os 4 M€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou as actuacións levadas a cabo nas organizacións veciñais de Senra, Os Castros e Penateixa de Oroso, que suman unha achega de 41.000€ en obras nos locais sociais e na dotación de equipamento
  • As tres entidades de Oroso forman parte das 341 entidades veciñais, asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas da comunidade beneficiarias este ano das axudas do Plan de Acción Comunitaria por 3M€

Oroso (A Coruña), 24 de outubro de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe en Oroso as actuacións levadas a cabo nas asociacións veciñais de Senra, Os Castros e Penateixa, que recibiron un total de 41.000 euros das axudas do Plan específico de acción comunitaria para realizar melloras nos seus locais sociais e, no caso da asociación de Senra, tamén coa adquisición de equipamento.

Estes tres colectivos forman parte das 341 entidades beneficiarias dos 3 millóns de euros concedidos este exercicio a entidades veciñais, asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas da comunidade. Da provincia da Coruña resultaron beneficiarias 46 organizacións cun montante de 342.200 euros.

Durante a visita, Natalia Prieto anunciou que a contía da convocatoria para o próximo ano incrementarase nun 33,3% ata os 4 millóns de euros, un millón máis que neste ano co obxectivo de dar resposta ao éxito destas axudas nos últimos anos e á elevada demanda. Recoñecese así o papel fundamental destas entidades na dinamización da vida local e na canalización das peticións da veciñanza. 

Cómpre lembrar que estas axudas contan con dúas liñas, unha delas cunha achega máxima de 12.000 euros para obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais de asociacións de veciños e de mulleres rurais, con actuacións como a eliminación de barreiras arquitectónicas ou melloras en estruturas, fachadas, cubertas, parámetros interiores, ventás, teitos ou obras de fontanería, saneamento ou electricidade.

Así, a asociación dos Castros recibiu 12.000 euros para investir nas obras de reparación do tellado do anexo do edificio principal, a mesma contía que recibiu tamén a de Senra para os traballos na fachada co obxectivo de evitar as humidades, así como as melloras de accesibilidade, a substitución do pavimento ou a renovación da iluminación. Do mesmo xeito, na asociación veciñal de Penateixa o apoio de 12.000 euros investiuse en actuacións de substitución de luminarias, pintado de varias estancias, renovación de fontanería e de distintos elementos nos aseos ou mellora da accesibilidade cunha rampla.

Ademais, con estas axudas nas infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias promovidas por comunidades de usuarios de augas actúase en obras sobre captacións, canalizacións e depósitos destinadas a reducir as perdas de auga e noutros traballos cos que mellorar a xestión, medición ou control da calidade da auga ou optimizar a eficiencia enerxética na traída de augas.

A outra liña vai destinada cun máximo de 5.000 euros á dotación de equipamento para o funcionamento destas entidades e a organización de actividades específicas, o que inclúe a adquisición de mobiliario, equipamento informático, audiovisual ou sistemas de climatización. Así, a asociación de Senra, xunto cos 12.000 euros para obras, recibiu outros 5.000 euros desta liña para a adquisición de material deportivo e informático.

Ampliación dunha das liñas de autobús con Santiago de Compostela

Por outra parte, cómpre sinalar que, no ámbito da mobilidade, a Xunta vén de ampliar unha liña de autobús entre Santiago de Compostela e Oroso con dúas paradas nas parroquias de Senra e Calvente.

As persoas usuarias xa dispoñen desde o pasado 13 de outubro dun servizo na liña circular que sae de Vilarromarís ás 13,05 horas e comeza o itinerario no sentido de volta tras realizar a parada prevista na Choupana, en Santiago de Compostela, ás 13,50 horas. A información relativa ao servizo está dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Coa prolongación da liña circular Vilarromarís-Santiago de Compostela-Vilarromarís ata as paradas Tarberna Senra e Garabanxa, a Xunta atende a solicitude trasladada polo Concello de Oroso de mellorar as conexións das dúas parroquias con Santiago de Compostela, para facilitar principalmente o regreso dos estudantes de ensinanzas non obrigatorias.

https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
592959 {"title":"A Xunta incrementará en 2025 o importe das axudas a entidades veciñais en máis dun 33 % ata os 4 M€","published_date":"2024-10-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/128486-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"592959"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-24/592959-xunta-incrementara-2025-importe-das-axudas-entidades-vecinais-mais-dun-33-ata-os-4-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.