Belén do Campo anuncia o traslado da unidade de Atención Temperá de Toques ao concello de Melide a partir da semana que vén
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada informou que a Xunta reforzará o sistema de atención temperá que atende a máis de 200 concellos galegos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Toques (A Coruña), 24 de outubro de 2024
A delegada da Xunta, Belén do Campo, xunto á directora territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, María Blanco, visitaron o centro de Atención Temperá de Toques, financiado pola Xunta de Galicia que da servizo a este concello e a Melide, Arzúa, Santiso e Vilasantar de forma gratuíta. Na visita a representante do Goberno autonómico informou do traslado deste equipo de profesionais, a partir da semana que vén, ao concello de Melide, onde seguirán prestando os seus servizos ás nenas e nenos destes mesmos municipios nunhas novas instalacións.
A delegada lembrou que este centro conta con 3 traballadores, un psicólogo, unha pedagoga e unha terapeuta ocupacional e recibiron cunha axuda do Goberno galego de máis de 250.000 euros entre 2023 e 2024. Belén do Campo confirmou que, para o ano que ven, recibirán 270.000 euros entre 2025 e 2026, 20.000 euros máis que lles permitirán ampliar os seus servizos. Neste sentido, agradeceu aos traballadores e responsables do centro a súa implicación e traballo e lembrou que a Xunta atende neste tipo de unidades a case 2.300 nenas e nenos da provincia da Coruña e subliñou que este centro atendeu, o ano pasado, a redor de 120 usuarios.
Belén do Campo destacou que se manterán todas as unidades existentes e se abrirá algunha máis para consolidar e seguir estendendo por toda a comunidade a Rede galega de atención temperá, un servizo público gratuíto para as familias que é fundamental para dar resposta, o antes posible, ás necesidades de nenos de 0 a 6 anos. A atención temperá engloba o conxunto de intervencións orientadas á poboación infantil, á familia e á contorna desta, co obxectivo de atender as necesidades derivadas de trastornos de desenvolvemento ou do risco destes. Estas intervencións procuran o desenvolvemento da autonomía e a consecución da súa inclusión social, tanto a través da atención das necesidades transitorias como das permanentes Esta orde abarca o que resta deste ano e todo 2025 e 2026, e conta cun orzamento de 15,8 millóns de euros que está cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027.