Medio Rural convoca as axudas destinadas a organizacións profesionais e asociacións agrarias para a realización das súas actividades
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras da convocatoria destas achegas dotadas cun orzamento de 600.000 euros
- O prazo de presentación rematará dentro dun mes, a partir do día seguinte da súa publicación no DOG
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2024
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que recolle as bases reguladoras das axudas destinadas a organizacións profesionais e asociacións agrarias para realizar actividades de interese agrario no 2024, convocadas pola Consellería do Medio Rural a través da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.
As achegas, que se concederán en réxime de concorrencia polo sistema de rateo, cubrirán os gastos de realización de actividades de representación e de formación das organizacións profesionais e asociacións agrarias, legalmente constituídas e con implantación en Galicia, e dos agricultores en xeral.
Os custos subvencionables serán aqueles derivados de actividades realizadas entre o 1 de outubro de 2023 e o 30 de setembro de 2024. As axudas cubrirán os gastos de funcións e actuacións que lles son propias conforme á normativa legal, as funcións ordinarias de xestión interna, a representación perante as institucións, a participación nos órganos colexiados constituídos pola Administración galega para a defensa dos intereses dos seus representados, a formación dos asociados e dos seus familiares en actividades agrarias ou no sector agroalimentario e o fomento do asociacionismo agrario.
As solicitudes presentaranse, de xeito obrigatorio, por medios electrónicos a través dun formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta. As persoas interesadas en tramitala de forma presencial serán requiridas para que se emende a través da súa presentación electrónica. O prazo para facelo rematará dentro dun mes, a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Ligazón á publicación do DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241024/AnuncioG0426-161024-0001_gl.html