A Consellería do Mar reúnese co sector para analizar os resultados das zonas de produción
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A presenza da Marteilia foi detectada nalgúns bancos da ría de Ares-Betanzos.
- Este patóxeno microscóico que pode afectar a algúns moluscos como o berberecho resulta totalmente inocuo para o ser humano
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 23 de outubro de 2024
A Consellería do Mar mantivo unha xuntanza con representantes do sector para analizar conxuntamente a situación do berberecho na zona, tras detectarse a presenza do patóxeno denominado Marteilia nos controis patolóxicos realizados polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).
A Marteilia é un protozoo que parasita aos moluscos bivalvos, aloxándose no seu aparato dixestivo e contribuíndo ao seu debilitamento, pero que resulta absolutamente inocuo para o ser humano. Este patóxeno microscópico é obxecto dun estrito control -exercido polo Intecmar- dende 1995 e é amplamente estudado no Centro de Investigacións Mariñas (CIMA).
Durante a xuntanza, a Consellería do Mar informou ao sector de que se están a redobrar as mostraxes e procesos analíticos no berberecho para determinar o alcance desta incidencia e avaliar a evolución da afectación ou non dos bancos pola presenza deste parasito. Ata o de agora, en Galicia, este protozoo, do que se tiña constancia da súa presenza en ostra e mexillón dende os anos setenta, aínda que sen vincularse con episodios de mortalidade elevada nas nosas costas, foi tamén detectado por primeira vez en Galicia no ano 2012 en bancos de berberecho da ría de Arosa estendéndose logo a súa presenza tamén en bancos de berberecho das rías de Pontevedra e Vigo.