Medio Rural destina preto de 129.000 euros á mellora de camiños de zonas de parcelaria en Bóveda (Lugo)
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Bóveda (Lugo), 23 de outubro de 2024
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, visitou un dos camiños deste concello lugués que foi beneficiario das axudas ao abeiro do Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración parcelaria 2023-2024. Dentro deste plan, Bóveda recibiu unha achega por importe de 128.883 euros.
O obxectivo destas subvencións é acondicionar as vías de acceso rurais naquelas zonas de concentración ou reestruturación parcelaria que xa estean rematadas -aquelas nas que se teña acadado a firmeza do acordo-.