A Xunta destina case 103 M€ ao Plan de Transporte Público de Galicia en 2025

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, compareceu no Parlamento, onde abordou os avances na mobilidade interurbana enmarcados neste instrumento
  • O obxectivo é garantir a máxima cobertura territorial, impulsar a calidade do servizo e reforzar os recursos con novas ferramentas para a planificación e a información

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para abordar o Plan de Transporte Público de Galicia (PTPG), ao que a Xunta destina o vindeiro ano un presuposto de case 103 millóns de euros. O obxectivo é seguir garantindo a máxima cobertura territorial, impulsando a calidade do servizo e reforzando os recursos con novas ferramentas de planificación e melloras tecnolóxicas para a información das persoas usuarias e o seguimento do servizo.

O conselleiro salientou os datos que avalan o bo funcionamento deste plan "vivo e adaptable ás cambiantes necesidades de mobilidade" á hora de ofrecer o servizo de transporte. Segundo apuntou, pasouse de 900 a máis de 3.600 liñas operativas, de 20.000 a máis de 58.000 paradas e de 1,48 millóns de servizos a 2,5 millóns. "É obvio que agora o autobús interurbano chega a máis territorio e ofrece máis servizos", engadiu.

A maiores, sinalou que se melloraron as tarifas, "abaratando con carácter xeral os billetes e establecendo un amplo abano de descontos que facilitan o acceso ao transporte público e fomentan o seu uso".

Nesta liña, destacou o trato preferente a menores de 21 anos coa Tarxeta Xente Nova, que suma case 123.000 usuarios que fixeron máis de 4,2 viaxes gratuítas ata agosto, e a maiores de 65, coa Tarifa 65+, que suma máis de 107.000 persoas beneficiarias que realizaron preto de 1,9 viaxes. Ambas as medidas, que permiten realizar ata 60 viaxes de balde ao mes, supuxeron un aforro para os seus usuarios de case 9 millóns de euros nos primeiros oito meses deste ano. Diego Calvo lembrou ademais que Galicia é a única comunidade con autobús público gratuíto para estes sectores da poboación.

Aposta pola mellora continua

O conselleiro incidiu na aposta da Xunta pola continua mellora deste servizo público colectivo de cara á súa optimización, para o que se realiza un constante seguimento do funcionamento e escoita das suxestións e reclamacións. Cómpre lembrar tamén o incremento do número de usuarios do transporte interurbano no primeiro semestre do ano, con case 20 millóns de persoas, preto dun 10% máis que no mesmo período de 2023.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 23/10/2024
591416 {"title":"A Xunta destina case 103 M€ ao Plan de Transporte Público de Galicia en 2025","published_date":"2024-10-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/126126-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"591416"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-23/591416-xunta-destina-case-103-m-ao-plan-transporte-publico-galicia-2025 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.