Román Rodríguez salienta que o deseño dunha proba de acceso á universidade común e máis xusta "xa non ten volta atrás"

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Lembra que Galicia foi pioneira en defender e liderar "unha ABAU máis homoxénea" e agora é a primeira CCAA en publicar os modelos de exame
  • Gaba o labor desenvolvido pola Conferencia Interuniversitaria de Galicia para "dar certezas e seguridade" aos profesores e aos alumnos

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, salienta que a senda de traballo iniciada para acadar unha Proba de Acceso á Universidade (PAU) "común e máis xusta" que garanta a igualdade entre os estudantes a nivel estatal "xa non ten volta atrás".

Así o subliñou ante o Pleno do Parlamento galego, onde destacou a "vontade de traballo e de chegar a acordos" que Galicia leva anos "defendendo e liderando", se traduza agora "nunha proba que xa é máis xusta que o curso pasado e que, progresivamente, deberá ser máis semellante en datas, contidos, estrutura dos exames e criterios de avaliación". Unha proposta recoñecida a nivel estatal ata o punto de que foi compartida por 11 comunidades autónomas que aglutinan o 70% dos estudantes e mesmo avalado pola Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE).

Así mesmo, o conselleiro de Educación puxo en valor que Galicia foi a primeira CCAA do Estado en publicar, xa en agosto, os modelos de exame para que tanto profesores como alumnos puideran traballar desde o primeiro día lectivo na preparación das probas e, deste xeito, "garantir as máximas certezas e seguridade" á comunidade educativa. Neste senso, Román Rodríguez agradeceu o "intenso traballo" desenvolvido nos últimos meses pola Conferencia Interuniversitaria de Galicia (CIUG), que é a encargada de implementar, supervisar e aplicar as probas.

Así pois, a proposta dunha proba común que garanta a igualdade de oportunidades entre todos os estudantes independentemente de onde vivan, e sempre dentro do marco legal establecido, estase abrindo camiño no resto dos territorios pese á inoperancia do Ministerio neste asunto. Este camiño "racha" co modelo asimétrico de 17 vías distintas de acceso a un distrito universitario único que, en palabras do conselleiro, "estaba xerando desigualdades entre o alumnado das diferentes comunidades autónomas, especialmente naqueles graos máis demandados e con maior competitividade".

Proba especial para alumnos estranxeiros

Doutra banda, o conselleiro tamén denunciou que o Ministerio queira implementar unha proba específica para alumnado estranxeiro que vai supoñer "unha barreira" para atraer universitarios doutros países ao tempo que "é unha medida excluínte" posto que obriga ao alumnado a desprazarse ás sedes da UNED nos seus respectivos países.

A este respecto, o titular de Educación demandou "unha reflexión" sobre este modelo que o Goberno do Estado quere "impoñer unha vez máis sen ningún tipo de diálogo coas comunidades autónomas e coas universidades".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 23/10/2024
591410 {"title":"Román Rodríguez salienta que o deseño dunha proba de acceso á universidade común e máis xusta \"xa non ten volta atrás\"","published_date":"2024-10-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1475860\/20241021CIFPPolit%C3%A9cnicoLugo.jfif","id":"591410"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-23/591410-roman-rodriguez-salienta-deseno-dunha-proba-acceso-universidade-comun-e-mais-xusta-xa-non-ten-volta-atras https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.