A Xunta recibiu 16 ofertas para a demolición da edificación sen rematar no Camiño Real, na zona da praia de Lapamán, en Marín
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) licitou estes traballos por 182.827€
- A Administración autonómica asumiu a execución subsidiaria da orde de demolición ditada pola APLU tras non tela executado o propietario, tal e como se tiña notificado

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024
A Xunta recibiu un total de 16 ofertas de empresas para executar as obras de demolición da estrutura edificatoria sen rematar, sita no Camiño Real, na contorna da Praia de Lapamán, no Concello de Marín. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) licitou estes traballos cun importe de 182.827€.
Con esta licitación, a Xunta procede ás actuacións necesarias para executar subsidiariamente a orde de demolición ditada pola APLU, tras non ter executado o propietario o derribo, tal e como se tiña notificado. Deste xeito procederase á demolición o antes posible e repercutirase o seu custe ao propietario.
A Xunta amosa o firme compromiso co seu deber de recuperar o territorio especialmente protexido, como exemplifica esta obra sen rematar erixida sobre a zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, xerando un forte impacto sobre a paisaxe.
Cómpre lembrar que desde a Administración autonómica se impuxeron varias multas coercitivas ao propietario para que executase a demolición, pero non o fixo.