A Xunta recibe 12 ofertas para executar as obras de humanización da praza de Picoutiños en Nogueiró, no concello de Cartelle
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Trátase de acondicionar a praza para funcionar como área recreativa e de esparexemento, fomentado a actividade social dos veciños
- A actuación foi licitada por case 96.000€ e enmárcase nun convenio de colaboración, polo que a Xunta asumirá o 70% do orzamento e o Concello o 30% restando, sumando un orzamento global de 110.000€
- Esta intervención impúlsase ao abeiro do Plan Hurbe, programa impulsado pola Xunta co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recibiu un total de 12 ofertas de empresas para executar as obras de humanización da praza de Picoutiños en Nogueiró, no Concello de Cartelle.
Trátase de acondicionar a praza de Picoutiños para funcionar como área recreativa e de esparexemento, fomentado a actividade social e tratando de convertela nun lugar apracible para os veciños, o que redundará na mellora da calidade de vida da poboación.
A intervención, licitada por case 96.000€ enmárcase nun convenio de colaboración entre a Xunta, que asumirá o 70% do orzamento; e o Concello de Cartelle, que achegará o 30% restante, sumando así un orzamento global de 110.000€.
Esta actuación acométese ao abeiro do chamado Plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas.