A Oficina Económica de Galicia leva atendidas xa case 9.500 consultas, 1.000 delas nas últimas tres semanas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Lorenzana apunta que tamén se levan concertado 430 reunións de asesoramento empresarial entre outros asuntos, para abordar 164 proxectos de especial relevancia
  • Resalta que os orzamentos do Igape para 2025 medran un 20 por cento respecto ao ano anterior, cunha aposta decidida polo apoio empresarial

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, puxo hoxe en valor a boa acollida que está a ter a Oficina Económica de Galicia que, desde que entrou en funcionamento en abril, leva atendidas ata o de agora 9.464 consultas, 1.000 delas nas últimas tres semanas, e case un 80% resoltas no acto.

Nunha xornada informativa na que participaron algunhas das empresas que se levan beneficiado dos servizos desta entidade, a conselleira avanzou que tamén se levan concertado 430 reunións de asesoramento empresarial entre outros asuntos, para abordar 164 proxectos de especial relevancia.

"O que pretendemos é desburocratizar os procedementos administrativos", dixo Lorenzana, que avogou por facer da Administración un aliado da empresa. "Traballamos con vós, tentando facer o proxecto noso para que exista un promotor público" desa iniciativa. "Tratamos de falar o voso mesmo idioma", remarcou.

Xunto con isto, tamén mencionou que, ao longo destes meses, se realizaron máis dunha decena de accións en colaboración con Xesgalicia, con outros departamentos da Xunta e  e con axentes externos ao Igape como o Ministerio de Industria, SEPIDES (Empresa pública de Financiamento Empresarial), ENISA (Empresa Nacional de Innovación), BEI (Banco Europeo de Investimentos), ICEX, Cesce (Compañía de Xestión Integral do Crédito Comercial),  e confederacións de empresarios, universidades e centros tecnolóxicos.

"O obxectivo que temos con este proxecto, simplificar, está encadrado dentro de toda a estratexia económica da Xunta de Galicia. Estamos tentando poñer a empresa no centro das políticas económicas que estamos facendo. Temos que tratar de que a empresa poida crecer sen que a Administración estorbe", resaltou.

A conselleira cualificou o contexto económico de Galicia como moderadamente bo, tal e como demostra o índice de confianza empresarial, que sitúa a comunidade como a segunda con maior crecemento; a boa marcha das exportacións, cun incremento no que vai de ano do 2,9% (20.093,2 M€), que contrasta co descenso do 0,5% na media de comunidades; ou a cifra de negocios da industria, onde Galicia é a cuarta autonomía con maior crecemento anual.

A conselleira concluíu aludindo aos orzamentos do Instituto Económico de Galicia (Igape) para 2025 que, segundo dixo, medran un 20 por cento respecto ao ano anterior, cunha  aposta decidida polo apoio empresarial.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 22/10/2024
589939 {"title":"A Oficina Económica de Galicia leva atendidas xa case 9.500 consultas, 1.000 delas nas últimas tres semanas","published_date":"2024-10-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1475857\/20241022+LorenzanaParlamentoLeiRecursosNaturales_1.JPG","id":"589939"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-22/589939-oficina-economica-galicia-leva-atendidas-xa-case-9-500-consultas-1-000-delas-nas-ultimas-tres-semanas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.