A Xunta destina 1 M€ a obras de eficiencia enerxética en instalacións municipais de nove concellos lucenses
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial, Javier Arias, explica que acaba de resolverse unha orde de axudas para acometer traballos de mellora do illamento, a iluminación, a climatización ou a calefacción
- Os municipios beneficiarios son Monforte de Lemos, Carballedo, Quiroga, Cervantes, Navia de Suarna, Burela, Portomarín, O Incio e Guntín
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 22 de outubro de 2024
A Xunta destinará case 1 M€ (990.970 €) a colaborar con nove concellos lucenses para mellorar a eficiencia enerxética en infraestruturas vinculadas á prestación de servizos públicos municipais.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que acaba de resolverse unha nova orde de axudas plurianual cofinanciada con fondos Feder, que permitirá cubrir ata o 80% dos gastos nestas actuacións.
As entidades locais beneficiarias acometerán obras en locais destinados a diferentes usos. Así, Monforte de Lemos e Burela prevén actuar nas súas respectivas casas da cultura; Cervantes e Quiroga nos edificios consistoriais; Carballedo no consistorio e no multiusos; Navia de Suarna no polideportivo; O Incio nun inmoble dotacional; Portomarín na Casa do Médico e Guntín na casa cuartel.
Os fondos servirán para acondicionar envolventes térmicas, illamentos en cubertas e fachadas ou renovación de carpinterías exteriores por outras con mellores características. Tamén son subvencionables as obras para dotar de iluminación eficiente o interior dos edificios; e para instalar climatización e calefacción, que poderán incluír fontes de enerxía renovable.
O obxectivo é contribuír á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e á mitigación dos efectos do cambio climático, en liña coa Estratexia de cambio climático e enerxía 2050 e no marco do Programa Feder Galicia 2021-2027. Búscase tamén facilitarlles aos concellos galegos o aforro enerxético e económico, así como a mellora ambiental e do confort do persoal e da cidadanía usuaria dos servizos municipais.