A Xunta financia a rehabilitación dun inmoble para alugueiro social no concello de Covelo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial visitou as obras e lembrou o compromiso da Xunta de Galicia coa promoción de vivendas de protección oficial
- Agustín Reguera aproveitou a visita para destacar dúas das principais actuacións contempladas nos Orzamentos da Xunta para a comarca do Condado-Paradanta
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Covelo, 22 de outubro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá as obras de rehabilitación dunha vivenda de titularidade municipal no concello de Covelo que será destinada ao alugamento social.
Acompañado polo alcalde, Juan Pablo Castillo, Reguera puido comprobar como avanza a obra, que é posible grazas a un investimento da Xunta de preto de 40.000 euros, ao abeiro da liña de axudas da Administración autonómica para rehabilitación de edificios de titularidade municipal. A actuación permitirá poñer a disposición dunha familia en condicións de vulnerabilidade un inmoble con catro habitacións e máis de 100 metros cadrados situado na Travesía de Vigo, no mesmo edificio que ocupa a escola infantil, a biblioteca e o auditorio municipal.
O delegado territorial destacou a importancia deste tipo de obras destinadas a mellorar a calidade de vida das familias máis vulnerables e asegurou que "este tipo de iniciativas terán sempre o apoio da Xunta de Galicia". Neste sentido, Reguera lembrou que a vivenda pública é un dos principais retos do goberno galego, que espera chegar ás 8.000 VPP ao final desta lexislatura.
O delegado aproveitou a visita a Covelo para informar sobre algúns dos principais investimentos para a comarca do Condado-Paradanta contemplados no Proxecto de Orzamentos da Xunta, que se publicou hai uns días. Neste sentido, lembrou as partidas destinadas á mellora da praza de Abastos de Ponteareas e a rehabilitación parcial do CEIP Antonio Carpinteiro de Arbo, con achegas de 800.000 e 515.000 euros respectivamente.
Cabe destacar que, máis alá dos investimentos nomeados, os orzamentos do ano 2025 contemplan unha gran cantidade de pequenas actuacións, así como a prestación de servizos aos que a cidadanía xa está habituada. Nomeadamente as axudas para o alugamento, os bonos e programas de transportes ou a gratuidade da educación dende os 0 anos ata a titulación universitaria.