A Xunta colabora coa 21ª edición do Foro territorios patrimonio no marco da candidatura da Ribeira Sacra a patrimonio mundial
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Patrimonio Cultural participa nas xornadas no Parador de Monforte
- Ao abeiro destas iniciativas, tamén se celebrará o encontro internacional 'Fontes' os días 27, 28 e 29 en Nogueira de Ramuín

Monforte de Lemos (Lugo), 21 de outubro de 2024
A directora xeral de Patrimonio, Mª del Carmen Martínez, participou hoxe na 21ª edición do Foro Territorios Patrimonio que se desenvolve no marco do traballo feito pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para que Ribeira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Trátase de dúas xornadas que, durante hoxe e mañá, transforman o Parador de Monforte nun espazo de reflexión, coñecemento e conexión sobre o territorio.
Na súa intervención, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, puxo en valor todo o proceso levado a cabo polos organismos autonómicos ao abeiro do nomeamento da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. Así mesmo, destacou o amplo proceso participativo promovido pola Xunta de Galicia durante estes meses, que conseguiu xuntar a máis dun cento de veciños co obxectivo de poñer en común as inquedanzas sobre a candidatura.
Neste senso, a responsable de Patrimonio salientou todos os esforzos que desde a Administración autonómica se están a realizar nesta dirección, acompañados do cumprimento dos correspondentes trámites esixidos. Precisamente, lembrou que o pasado mes de setembro o propio conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presentou un avance do primeiro expediente ao embaixador de España ante a Unesco, Miquel Iceta, en Pars.
Ademais, de cara á proxección e revitalización da candidatura, lembrou que os vindeiros días 27, 28 e 29 de outubro celebrarase o encontro internacional Fontes, no municipio ourensán de Nogueira de Ramuín, onde está prevista a participación de expertos, investigadores, estudosos e tamén profesionais de diferentes sectores vencellados ao eido cultural, económico e turístico deste tipo de patrimonios.