A Xunta impulsa obras de eficiencia enerxética en medio cento de concellos cun investimento de máis de 5,2 M€
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A iniciativa, cofinanciada con fondos Feder, enmárcase na nova convocatoria de axudas plurianual destinada a municipios de menos de 30.000 habitantes
- A través da medida cóbrese ata o 80% dos gastos de melloras en illamento, iluminación e climatización
- O obxectivo é facilitarlles ás administracións locais o aforro enerxético e económico, así como a mellora ambiental e o confort do persoal e da cidadanía usuaria dos servizos municipais
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2024
A Xunta impulsa obras de eficiencia enerxética en 51 concellos a través da nova convocatoria de axudas plurianual destinada a facilitar estas melloras nas infraestruturas vinculadas á prestación de servizos municipais. As achegas da medida, dirixida a concellos de menos de 30.000 habitantes, suman máis de 5,2 millóns de euros cofinanciados con fondos Feder para o período 2024-2025.
Na provincia da Coruña hai 17 concellos beneficiarios, que se distribúen case 1,7 millóns de euros, e na de Lugo 9 con preto dun millón de euros financiados. En Ourense, 15 municipios recibiren achegas que suman case 1,5 millóns de euros e, en Pontevedra 10 localidades se reparten algo máis dun millón de euros.
A través destas axudas, os concellos beneficiados poden cubrir ata o 80% dos gastos de melloras en illamento, iluminación interior e climatización cun límite de 120.000 euros. Así, fináncianse obras de mellora das envolventes térmicas, illamentos en cubertas e fachadas, e a instalación de carpinterías exteriores ou acristalamentos con boas características térmicas.
Tamén se apoian obras para contar con iluminación eficiente no interior dos edificios, así como para a colocación de sistemas de control e regulación da iluminación artificial, da intensidade e o acendido. Outra das melloras é á climatización e calefacción, que pode incluír fontes de enerxía renovable. O importe da actuación debe oscilar entre os 60.000 e os 150.000 euros.
Redución do consumo enerxético
Os proxectos impulsados deben ser de execución plurianual, dunha única fase e non poden estar comezados antes da presentación da solicitude. Ademais, as administracións locais beneficiadas deben acreditar unha redución mínima inicial do 20% do consumo anual de enerxía primaria non renovable e de nas emisións de gases de efecto invernadoiro.
O obxectivo é contribuír á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e á mitigación dos efectos do cambio climático, en liña coa Estratexia de cambio climático e enerxía 2050 e no marco do Programa Feder Galicia 2021-2027. Búscase tamén facilitarlles aos concellos galegos o aforro enerxético e económico, así como a mellora ambiental e do confort do persoal e da cidadanía usuaria dos servizos municipais. A través da medida impúlsase ademais a reactivación económica dos sectores implicados nas obras e refórzase o efecto exemplarizante das actuacións da Administración.