A Xunta destaca a fortaleza colectiva do voluntariado de Protección Civil
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou en Ribadavia na VIII Xornada de convivencia das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense
- A Xunta investiu nos últimos anos máis de 24 millóns de euros en apoio ao funcionamento, á dotación de equipamento e á formación para estes servizos de emerxencias municipais
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ribadavia (Ourense), 19 de outubro de 2024
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Interior, Diego Calvo, participou na VIII Xornada de convivencia das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia de Ourense, onde destacou a fortaleza colectiva dos membros destes servizos de emerxencias municipais. O acto, no que tamén estiveron o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, xuntou medio milleiro de voluntarios procedentes de distintos puntos de Galicia e de España.
Na súa intervención, Diego Calvo incidiu no agradecemento ao esforzo, xenerosidade e compromiso das persoas que forman parte destas agrupacións e que comparten o obxectivo de velar pola seguridade e o benestar da cidadanía. Neste sentido, lembrou que en 2023 estes colectivos realizaron máis de 50.000 operativos en toda Galicia, boa parte deles en fins de semana ou datas sinaladas, demostrando a súa dedicación cando máis se precisa e xerando tranquilidade na poboación.
Para o conselleiro, a actuación altruísta deste persoal voluntario en festas e eventos multitudinarios, renunciando a desfrutar deles, ou en emerxencias como temporais, inundacións ou incendios, arriscando a súa seguridade, poñen de manifesto o seu sentido do deber e a súa xenerosidade. A maiores, apuntou que a masiva asistencia á xornada de hoxe proba tamén o compañeirismo que caracteriza este colectivo e permite comprobar "canta xente hai disposta a dar o mellor de si polos demais".
Liñas de apoio
Diego Calvo reafirmou o apoio da Xunta ás AVPC para facilitarlles o desenvolvemento do seu traballo coa máxima eficacia e seguridade. Así, contan con diferentes liñas de axuda que supuxeron un investimento superior aos 24 millóns de euros nos últimos anos. Este financiamento permitiulles reforzar o seu equipamento coa adquisición de novos vehículos, equipos de protección individual e ferramentas tecnolóxicas avanzadas a prol da capacidade operativa e a seguridade do persoal voluntario. A isto súmase unha liña anual de axudas destinada ao mantemento da súa actividade, que ascende a 340.000 euros e que só este ano beneficiou preto de 200 colectivos.
A formación é outro dos piares do apoio do Goberno galego ás AVPC, con cursos específicos impartidos a través da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Ao longo do último ano houbo case un cento de accións formativas nas que participaron 2.000 persoas.