Os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano incrementan ata os 41 M€ o investimento en vacinas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Este incremento en materia de vacinación permitirá que Galicia siga a manter o seu liderado mundial neste campo
- A campaña de vacinación está en pleno desenvolvemento e xa foron protexidas fronte á gripe 103.000 persoas, outras 81.000 fronte á covid e 6.200 cativos fronte ao virus respiratorio sincitial
- O titular da carteira sanitaria destaca que arredor de 5.800 cativos xa se inmunizaron coa vacina intranasal fronte á gripe, unha das novidades deste ano
- Gómez Caamaño fai un chamamento a que a xente acuda a vacinarse para protexer a súa saúde e a dos demais, podendo facelo ata o 31 de decembro
- O conselleiro tamén visitou o CIS de Lugo, que vai ser un dos centros para a posta en marcha do Plan de cirurxía menor en atención primaria
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 18 de outubro de 2024
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño avanzou hoxe que os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano incrementan ata os 41 millóns de euros o investimento en vacinas, o que significa que o Goberno galego destinará a este fin un 3% máis que o ano anterior.
O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, supervisou, no centro de saúde de Fingoi, a vacinación intranasal fronte á gripe, no marco da campaña para diminuír a incidencia dos virus propios desta época do ano, que ten en marcha a Xunta.
Grazas a este incremento en materia de vacinación, o conselleiro dixo que Galicia seguirá a manter o seu liderado neste campo, ao contar co calendario de inmunización para toda a vida máis completo do mundo.
Campaña a pleno desenvolvemento
Gómez Caamaño incidiu en que unha das novidades da actual campaña de vacinación que leva a cabo a Consellería de Sanidade por medio da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, é precisamente a administración da vacina da gripe intranasal aos nenos e nenas de 2, 3 e 4 anos para facilitar a súa inmunización. Ata o de agora xa se levan vacinados deste xeito a preto de 5.800 cativos.
A campaña de vacinación deste ano está en pleno desenvolvemento. Ata o momento xa se vacinaron máis de 103.000 persoas fronte á gripe. Gómez Caamaño fixo un chamamento a que a xente acuda a vacinarse para protexer a súa saúde e a dos demais, podendo facelo ata o 31 de decembro.
O número total de persoas vacinadas da covid supera xa as 81.000, e o total de nenos inmunizados fronte ao virus respiratorio sincitial está próximo aos 6.200.
Gómez Caamaño lembrou que a prevención, vacinarse, é unha das medidas máis efectivas para a protección da saúde e por iso a Xunta leva anos apostando por esta liña de acción e así o seguirá a facer tamén o ano que vén.
O Goberno galego márcase como obxectivo, un ano máis, incrementar as taxas de vacinación en toda a poboación, especialmente, no caso da inmunización fronte á gripe do persoal sanitario, dos nenos, das mulleres embarazadas e das persoas con condicións de risco.
Entre os obxectivos específicos de cobertura están acadar o 75% entre a poboación con 65 ou máis anos e o persoal sanitario; e superar a inmunización de máis do 60% no caso dos nenos e nenas con idades entre os 6 e os 59 meses, as mulleres embarazadas e as persoas con condicións de risco.
Visita ao CIS
O conselleiro tamén visitou esta mañá, acompañado do delegado da Xunta, do xerente da área sanitaria e da directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, as instalacións do Centro Integral de Saúde de Lugo, que vai ser un dos centros en poñer en marcha de forma piloto o Plan de cirurxía menor en atención primaria.
Este plan xa ten acordadas as patoloxías propostas, que comprenden algúns tumores benignos da pel, infeccións cutáneas (como abscesos, furúnculos, verrugas ou papilomas), afectación das unllas (unlleiros) ou lesións traumáticas (como reparación de feridas cutáneas, ou extracción dun corpo estraño na pel).
Esta iniciativa incrementará a motivación dos profesionais ao potenciar a súa capacidade resolutiva, reforzará a súa relación cos pacientes e diversificará a súa práctica diaria.