A Oficina Económica de Galicia recibe a visita dos alumnos de 2º de Bacharelato do Colexio Maristas Cristo-Rey da Coruña
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago, 17 de outubro de 2024
Un grupo duns 30 estudantes de 2º de Bacharelato do Colexio Maristas Cristo-Rey da Coruña, da rama de Ciencias Sociais con Economía, visitaron hoxe as instalacións do Igape co obxectivo de coñecer esta institución e as actividades que leva a cabo no seu papel de apoio ao tecido produtivo de Galicia.
No marco da visita, os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento e as instalacións da Oficina Económica de Galicia, na que os responsables do Igape puxeron de relevo que "se trata dunha nova forma de conectar coas empresas e as persoas emprendedoras para facilitar a implantación e o desenvolvemento das súas iniciativas empresariais, fomentando a desburocratización e o acompañamento na procura de facilitar unha administración amigable".
A través deste tipo de iniciativas, o Goberno galego promove o achegamento da comunidade educativa ás diferentes institucións da administración. De feito, o grupo de escolares visitou tamén esta mañá o Parlamento de Galicia.