A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética no pavillón polideportivo municipal de Baños de Molgas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitaron as instalacións para coñecer as accións enmarcadas no fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local
  • O Goberno galego achega 60.000 euros para substituír a cuberta e garantir así o illamento e as mellores condicións de uso
  • Un total de 28 concellos da provincia de Ourense beneficiáronse desta liña dotada con 5 millóns de euros e dirixida a municipios con menos de 15.000 habitantes
Imagen del artículo A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética no pavillón polideportivo municipal de Baños de Molgas
Baños de Molgas (Ourense), 17 de outubro de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou hoxe o concello de Baños de Molgas para coñecer as actuacións de mellora da eficiencia enerxética no pavillón polideportivo municipal que contan co apoio da Xunta. O Goberno galego colabora no proxecto cunha achega de 60.000 euros no marco da liña do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a concellos cunha poboación inferior a 15.000 habitantes.

Segundo explicou a directora xeral, vaise cambiar a cuberta do pavillón para garantir o illamento e as mellores condicións de uso. Búscase así reducir o consumo enerxético e favorecer o benestar das persoas usuarias. Deste xeito, desmontarase a actual cobertura de chapa e no seu lugar Instalarase panel sándwich, ademais de substituír os canlóns. A obra suporá a retirada dos paneis solares existentes, que se volverán colocar sobre a nova cuberta.

As actuacións previstas enmárcanse na liña do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local deste ano, dotada con 5 millóns de euros e destinada á mellora da eficiencia enerxética dos edificios municipais, con prioridade para as instalacións deportivas. Na provincia de Ourense houbo 28 concellos beneficiarios, que recibiron achegas por un importe global de máis de 1,5 millóns de euros.

Preto de 650.000€ investidos en Baños de Molgas

A maiores da achega para as melloras no pavillón polideportivo, neste exercicio Baños de Molgas beneficiouse doutras liñas de apoio da Xunta, como a orde de infraestruturas municipais, cunha achega de 25.000 euros para a pavimentación de varios camiños, ou a orde para a contratación de socorristas, con 2.600 euros. Tamén recibiu preto de 116.000 euros para outras obras de eficiencia enerxética no marco dos fondos europeos Feder.

Nos últimos anos o Goberno galego investiu preto de 650.000 euros en proxectos impulsados polo concello de Baños de Molgas a través de distintas liñas de apoio ás administracións locais. Así, o pasado ano melloráronse as redes de abastecemento con actuacións na ETAP de Calvelo con achegas que sumaron 75.000 euros e en exercicios anteriores actuouse en diversas infraestruturas e reforzouse o equipamento para os servizos municipais. Por outra banda, só en 2023 a localidade recibiu preto de 180.000 euros do fondo base do Fondo de Cooperación Local.

Natalia Prieto referiuse á aposta que está a facer a Xunta polo impulso da eficiencia enerxética nas infraestruturas públicas, cunha liña específica de axudas no marco do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local.

A directora xeral incidiu tamén no compromiso da Xunta cos concellos a través de diversas medidas que facilitan melloras en infraestruturas e servizos locais básicos para a veciñanza. Así, neste exercicio o investimento autonómico para apoiar as administracións locais supera os 600 millóns de euros. O obxectivo é favorecer o equilibrio territorial e garantir a calidade de vida da poboación galega con independencia do seu lugar de residencia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 17/10/2024
584739 {"title":"A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética no pavillón polideportivo municipal de Baños de Molgas","published_date":"2024-10-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/126838-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"584739"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-17/584739-xunta-impulsa-mellora-da-eficiencia-enerxetica-pavillon-polideportivo-municipal-banos-molgas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.