Arias participa no CEIP As Mercedes no arranque do 'School Prix' que organiza o Club Ensino de baloncesto
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As xogadoras do primeiro equipo visitaron hoxe este colexio e o Luis Pimentel, que inaugurarán a competición lúdica entre escolares no partido do día 26 no Pazo dos Deportes
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 16 de outubro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe no CEIP As Mercedes no arranque do Ensino School Prix, que organiza o Club Ensino de baloncesto feminino para impulsar entre os menores a práctica deportiva e a igualdade.
A actividade, na que colabora o Goberno galego, implica a centros escolares de Educación Primaria da provincia nunha competición lúdica que se desenvolverá en paralelo aos partidos da Liga Endesa que o Ensino dispute como local no Pazo dos Deportes.
Os colexios As Mercedes e Luis Pimentel, de Lugo, abrirán o programa no encontro que disputarán o Durán Maquinaria Ensino e Cadi La Seu o vindeiro día 26 ás 19.15 horas. Na pausa entre cuartos disporán dun minuto para realizar unha coreografía de baile, palmas ou cánticos; tamén se valorarán aspectos como a vestimenta, pancartas, o colorido que dean á grada ou o grupo máis numeroso, e no descanso enfrontaranse sobre a pista de xogo para amosar as súas habilidades de bote de balón e tiro a canastra. O gañador pasará á seguinte rolda, na que se medirá a outros centros ata ter un campión definitivo
Previamente, as xogadoras do primeiro equipo imparten unha charla ao alumnado para compartir as súas experiencias, expoñendo a realidade do deporte feminino de elite e a desigualdade entre xéneros que aínda a día de hoxe existe no deporte.
Así, hoxe desprazáronse ao CEIP das Mercedes as súas "madriñas": Elba Garfella, Claudia Soriano, María Bettencourt, Bea Sánchez e Lydia Giomi; e tamén o Luis Pimentel recibiu ás súas, neste caso a Esther Castedo, Ceci Muhate, Rachel Howard, Jessica Féquière e Alexy Mollenhauer.
O club Ensino invita a todos os centros de Primaria da provincia a esta actividade para fomentar a afección polo baloncesto, abrindo as portas do Pazo de forma gratuíta aos participantes e creando un ambiente festivo para arroupar ao equipo lucense.