Martina Aneiros destaca o CPI Plurilingüe Virxe da Cela como exemplo do modelo educativo galego e o seu compromiso coa educación rural
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Refírese ao colexio como un centro de referencia pola súa implicación en diferentes iniciativas impulsadas pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e destaca a implicación dos docentes como "piar dos bos resultados académicos"

Monfero (A Coruña), 15 de outubro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou esta mañá o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, en Monfero, onde puxo en valor o modelo educativo galego e o seu compromiso coa educación rural e a igualdade de oportunidades como un dos seus sinais de identidade.
A delegada territorial exerceu de anfitrioa durante o percorrido polas dependencias educativas xunto á directora do centro, Camino Pereiro, nas que o representante do Goberno central puido coñecer de primeira man as distintas actividades que se levan a cabo e participar incluso no programa de radio escolar no que os alumnos de 4º da ESO desenvolven as súas competencias lingüísticas e comunicativas.
Aneiros referiuse ao CPI Plurilingüe Virxe da Cela como un centro de referencia pola implicación en diferentes iniciativas impulsadas pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP como centro Edulingüe e integrante da rede de centros E-Dixgal. Conta con polo creativo e desenvolve accións como o Plan Proxecta. No ámbito da biblioteca, este centro está integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe), conta con club de lectura e incorporouse en 2024 programa Radio na Biblio. Ademais este mesmo ano foi galardoado nos premios Innovagal polo seu proxecto "Monfero Solidario" que distingue as boas iniciativas no ámbito da innovación educativa.
Martina Aneiros aproveitou a visita para poñer en valor o traballo diario e a implicación do profesorado do CPI Pluriingüe Virxe da Cela como" piar dos bos resultados académicos obtidos polo seu alumnado". Neste sentido lembrou a súa participación no programa Observa_Acción de intercambio de boas prácticas docentes.