A conselleira Martínez Allegue participa nos actos de celebración da Patroa da Garda Civil na comandancia de Pontevedra
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Poio (Pontevedra), 12 de outubro de 2024
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou hoxe nos actos de celebración da Patroa da Garda Civil na Comandancia de Pontevedra.
María M. Allegue, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, felicitou á Garda Civil e agradeceulles o seu compromiso coa seguridade e benestar de todos os cidadáns.
Neste sentido, a conselleira tamén entregou distintas condecoracións que recoñecen o labor e a dedicación deste colectivo en favor da sociedade.
Ademais, a titular de Vivenda, na conmemoración hoxe tamén do Día da Hispanidade, celebrou "a nosa identidade compartida e a importancia de formar parte dun proxecto común".