A delegación territorial da Xunta acolle esta fin de semana dous concertos de música coral
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Lugo, 11 de outubro de 2024
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá esta fin de semana dous concertos de música coral no salón de actos. O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación do Concerto de Outono que reunirá o domingo 13, a partir das 19.30 horas, ao Coro do Hospital de Lugo e ao Coro Senior do Campus de Vigo.
O conxunto lucense, dirixido por Fernando Gómez Jácome, conta cunha ampla traxectoria -desde 1991- que o levou a actuar en numerosos puntos de España e do estranxeiro. Pola súa banda, o coro vigués naceu no 2021 no marco do Programa de Maiores do Campus, está dirixido por Jacobo García González e realiza un importante labor no eido da conservación da música coral propia das universidades.
Este concerto estará precedido polo Encontro Musical de Outono, que terá lugar no mesmo espazo o sábado 12, a partir das 20.00 horas, e no que actuarán a Coral Polifónica El Eco, da Coruña, e o Conxunto Vocal Lugh.
Ambas citas serán de entrada libre e gratuíta ata completar aforo. Arias lembrou que a sede da Xunta é "un espazo aberto á cidadanía, no que teñen cabida entidades e manifestacións de índole cultural, deportivo ou social".