María José Gómez destaca a importancia de coñecer e poñer en valor a historia do noso agro nunha visita ao Museo de maquinaria agrícola clásica de Láncara
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Láncara (Lugo), 11 de outubro de 2024
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou hoxe a importancia de coñecer e poñer en valor a historia e a tradición do agro galego como mellor forma de cimentar o seu presente e garantir a súa proxección futura. Foi durante a súa visita ás instalacións do Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla), situado na localidade lucense de Láncara e que reúne unha escolma de maquinaria agrícola clásica, entre outras pezas.
Neste acto, no que estivo acompañada polo alcalde lancarao, Darío Piñeiro, a conselleira salientou ademais o labor de Marcos Vázquez, presidente do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo e titular da explotación agraria onde se atopa integrada esta colección.