A Xunta inaugura a reforma do pavillón polideportivo Monte das Moas que supuxo un investimento de máis de 762.200 euros

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou que as melloras beneficiarán a case unha decena de clubs e entidades da cidade, que dispoñerán dunhas instalacións axeitadas para a práctica de deporte e actividade física
  • Destacou o compromiso da Xunta coas instalacións deportivas da cidade cun investimento de 2,5M€ neste pavillón e nos de Monte Alto, Agra II e Elviña II e cun investimento global de 22M€ este ano en 400 actuacións en infraestruturas deportivas da comunidade
  • O novo contrato de xestión de Elviña I, Agra I e Sardiñeira inclúe a previsión de melloras por valor doutros 5,5M€

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

A Coruña, 11 de outubro de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e representantes das federacións galegas de fútbol, baloncesto e patinaxe, na inauguración da reforma do pavillón polideportivo Monte das Moas, na que a Xunta investiu máis de 762.200 euros.

O proxecto de Tejedor y Otero Arquitectos S.L.P., cuxos arquitectos tamén estiveron presentes e explicaron os traballos, incluíu actuacións como a reforma da cuberta, a reparación da estrutura, a renovación do pavimento da pista principal, o saneado da envolvente, pintados e alicatados interiores, equipamentos en vestiarios, así como melloras de accesibilidade e nas instalacións de fontanería, ventilación, protección contra incendios e electricidade.

Diego Calvo puxo en valor o talento do deporte coruñés e do tecido asociativo tanto da cidade como de toda a comunidade vencelladas ao deporte. Segundo explicou, case unha vintena de clubs e entidades beneficiáranse destas actuacións no Monte das Moas para dispoñer destas instalacións axeitadas para a práctica de deporte e actividade física.

Desta infraestrutura fan uso membros da AMPA do IES Monte das Moas e alumnado deste centro educativo, o Club Brincadeira Patinaxe Artística, a Asociación Deportiva Cultural Alquimia in line, 5 Coruña Fútbol Sala, Club Deportivo Galicia Rollers, As Brigantias Roller Derby, Club de fútbol sala Corgal Automóviles KIA Coruña, Club Baloncesto Kempape e Asperga.

O alumnado do IES do Monte das Moas puido iniciarse hoxe na esgrima da man dos integrantes do club 100 tolos e as persoas asistentes.

Á reforma neste pavillón de Monte das Moas súmanse ás xa rematadas o ano pasado nos pavillóns de Monte Alto e Agra II por importe de 490.000 e 444.000 euros respectivamente. A estas melloras sumaranse as previstas en Elviña II por un montante de 760.000 euros. Polo tanto, as actuacións xa realizadas e as que se levarán a cabo nas catro instalacións ascenden a un montante de 2,5 millóns de euros. Nesta liña, o conselleiro de Deportes reafirmou o compromiso do Goberno galego co benestar e a saúde da cidadanía dotando á poboación galega dunhas instalacións deportivas axeitadas para a práctica do deporte e a actividade física.

Así, xunto con proxectos coma estes a Xunta destinou este ano uns 22 millóns de euros a 400 actuacións en infraestruturas deportivas da comunidade. Neste montante, inclúense 17,5 millóns en instalacións de titularidade autonómica, municipal ou de entidades deportivas, así como os proxectos beneficiarios das axudas de 5 millóns de euros do fondo adicional de Fondo de Cooperación Local para melloras de eficiencia enerxética nestas instalacións.

Cómpre lembrar ademais, que o compromiso da Xunta coas infraestruturas deportivas da cidade coruñesa esténdese tamén a outras melloras previstas nos pavillóns de Elviña I, Agra I e Sardiñeira por valor doutros 5,5 millóns de euros, no marco do novo contrato de xestión. As obras permitirán mellorar unhas instalacións que inclúen piscinas, spa, pavillóns de deportes, salas polivalentes, campos de fútbol e pistas de pádel. En total, 42.000 metros cadrados para a práctica deportiva e para o desfrute do ocio.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/10/2024
541459 {"title":"A Xunta inaugura a reforma do pavillón polideportivo Monte das Moas que supuxo un investimento de máis de 762.200 euros","published_date":"2024-10-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/121251-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"541459"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-11/541459-xunta-inaugura-reforma-do-pavillon-polideportivo-monte-das-moas-supuxo-investimento-mais-762-200-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.