A Xunta mellora a confortabilidade do colexio da Lama, en Pontevedra, coa impermeabilización da fachada e o cambio de ventás da zona da biblioteca
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, visita o centro, onde o Goberno galego vén de investir 60.000€
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Lama (Pontevedra), 11 de outubro de 2024
O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta de Galicia, Jesús Álvarez, visitou o colexio CEIP A Lama, en Pontevedra, para supervisar o remate das obras de mellora da confortabilidade do colexio, onde o Goberno galego vén de investir 60.000 euros.
A intervención, enmarcada no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, consistiu na impemeabilización da fachada e o cambio de ventás da zona da biblioteca escolar, que acolle tamén o Polo Creativo do centro. Isto permitirá evitar filtracións e, ao mesmo tempo, mellorar o confort deste espazo que é un dos máis activos do colexio desde o punto de vista académico.
Cómpre lembrar que, desde principios do ano pasado, o centro conta cun espazo renovado de biblioteca escolar máis amplo e mellor equipado grazas ao apoio da Xunta que, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, investiu un total de 55.000€ na obra de remodelación e mellora que levou aparellado o reforzo do equipamento e mobiliario e adquisición de novos fondos bibliográficos.
Ademais de salientar o compromiso do Goberno galego na aposta polo ensino no rural con infraestruturas modernas, confortables e totalmente equipadas, o director xeral gabou o "dinamismo" da biblioteca escolar deste centro que desde o curso 2009-10 forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia.