Belén do Campo clausura a V edición da xornada 'A Igualdade, un activo para a empresa'
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O encontro foi organizado pola Confederación de Empresarios da Coruña para abordar cuestións como a implantación de medidas de igualdade no ámbito laboral, así como os beneficios económicos e as vantaxes que abarcan ditas medidas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 10 de outubro de 2024
A delegada da Xunta, Belén do Campo, foi a encargada de clausurar a V edición da xornada A Igualdade, un activo para a empresa, organizada pola Confederación de Empresarios da Coruña para abordar cuestións como a implantación de medidas de igualdade no ámbito laboral, así como os beneficios económicos e as vantaxes que abarcan ditas iniciativas. A representante da Administración autonómica subliñou que o Goberno galego "apoia sen fisuras a plena integración e o benestar laboral da muller en todos os ámbitos, unha tarefa que está a desenvolver con compromiso e rigor e mediante o deseño de políticas baseadas en criterios de igualdade".
A delegada explicou que Galicia conta cun marco legal no que encaixan as medidas xa implantadas como a nova Lei de Igualdade. A comunidade galega é a primeira administración do Estado en regular este concepto, co que aspira a modernizar e revolucionar a cultura empresarial con base nos valores ambientais, sociais e de gobernanza que están a rexer os mercados a nivel mundial
Belén do Campo referiuse tamén a medidas máis concretas como a posta en marcha, por primeira vez este ano, dun plan, pioneiro en España, de formación e contratación de mulleres en ocupacións laborais masculinizadas cun investimento de 1,7 millóns de euros" e lembrou a eficacia do programa Emega, de impulso ao emprendemento femenino que en 2024 conta cun orzamento histórico de 5M€ a maior cuantía da historia desta orde de axudas.
A representante do Goberno autonómico destacou que Galicia conta co VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, que constitúe o instrumento guía que marca o rumbo das políticas de igualdade no horizonte 2027, con 900 millóns de euros de orzamento. A delegada da Xunta reiterou o compromiso do Goberno galego para "lograr entre todos que a igualdade de oportunidades non sexa só unha cuestión de xustiza social, senón unha necesidade para construír ambientes laborais máis equitativos, eficientes e prósperos".