A Xunta aposta pola formación continua para afrontar os novos retos no ámbito do dereito laboral
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na inauguración da 'IV Xornada laboralista', organizada polo Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 10 de outubro de 2024
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na inauguración da IV Xornada laboralista, organizada polo Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, onde apostou pola formación continua nos ámbitos do Dereito Laboral e dos Recursos Humanos para afrontar os novos retos. Nesta liña, o director xeral referiuse á importancia de desenvolver foros como o inaugurado hoxe para garantir a actualización e o intercambio de coñecementos sobre novidades normativas e procesuais.
Segundo sinalou, nestas xornadas abórdanse temas de máxima actualidade, como a responsabilidade empresarial en materia de acoso laboral ou a relación da incapacidade permanente e o traballo. "Desde a Xunta somos conscientes de que investir en coñecementos produce sempre os mellores beneficios, ao propiciar o desenvolvemento de actividades e contribuír a que a sociedade conte cos mellores profesionais", apuntou.
José Tronchoni incidiu no importante papel do colectivo profesional de graduados sociais tanto no ámbito da xurisdición social, coas conciliacións previas ao xuízo, como nas intervencións extraxudiciais a través dos acordos para o emprego e a negociación colectiva. "Conseguir un marco de estabilidade no traballo, con seguridade e a menor conflitividade posible é un obxectivo básico, xa que un emprego seguro e de calidade é clave para a competitividade", afirmou.
O director xeral referiuse tamén ao compromiso da Xunta para colaborar cos distintos operadores xurídicos e facilitarlles o seu labor con melloras tecnolóxicas, como as aplicacións Inside e Acceda, ou a dixitalización dos expedientes, que xa están dispoñibles neste formato en diversos xulgados. A estes novos recursos súmanse infraestruturas novas e melloras como o acceso dos profesionais aos expedientes dixitais para "garantir na Administración de Xustiza un servizo moderno, dixital e máis áxil".